Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela estuda irmandarse coa localidade francesa de Concarneau

BURELA (FNC) .- O Concello estudia o irmanamento de Burela coa localidade de Concarneau, ubicada na Bretaña francesa. Hoxe o alcalde, Alfredo Llano, mantivo un encontro cun representante dese concello, Filippe Legoff que se desprazou a Burela “para plantexarnos esta posibilidade, xa que somos dous pobos mariñeiros que vivimos moito da pesca e que temos moitos nexos de unión”.

O rexedor explica que “agora imos crear un comité para estudiar este irmanamento con Concarneau, queremos ver os lazos que nos ponen unir a través da pesca, da historia, da cultura, do turismo, dos deportes náuticos… cremos que esto pode ter importantes beneficios sociais para Burela”. Llano engade que “despois de crear ese comité os representantes municipais de Concarneau voltarán a visitarnos para ir perfilando o tipo de relación que manterá ese pobo francés con Burela”.

Exit mobile version