Site icon Crónica3.com A Mariña

O director da Burela Blues Band asegura que o seu modelo de música é obxecto de estudio e de análise en centros de Galicia

O director da Burela Blues Band asegura que o seu modelo de música é obxecto de estudio e de análise en centros de Galicia

BURELA (FNC) .- A Burela Blues Band celebra o seu quinto aniversario cun concerto de jazz previsto para as nove e media desta noite no auditorio da Casa da Cultura.
O director da formación  valora de xeito moi positivo a andadura da Burela Blues Band que “xurdiu como unha pequena aventura e nunca imaxinamos que podería ter a repercusión que acadou na actualidade. É unha ledicia para nós estar onde estamos”. Israel Arranz considera que “ata que un non sae fora e percibe como se ve Burela non se da conta da repercusión que se vai creando dentro do que é o panorama galego do jazz, ao falar con xente de Vigo e de Santiago e ao dicirlles que somos de Burela eles recoñecen que aquí se está a facer un traballo importante neste ámbito e para nós eso é moi gratificante. Entón vemos como o traballo destes cinco anos, sobre todo dos tres últimos, ten unha proxección a nivel galego bastante importante e moi contundente en todos os aspectos”.
Os que acudan esta noite ao auditorio da Casa da Cultura poderán disfrutar “en primeiro lugar da sintonía que arranxei para este curso 2009-2010 e xa despois comenzaremos co percorrido pola historia do jazz desde o seu nacemento a finais do século XIX, e logo tocaremos unha peza de cada subxénero dos máis importantes para que o público presente poida ver as diferencias e características e cómo evolucionou o jazz”. Israel Arranz convida “a todo o mundo a que acuda a este concerto, porque como bureleses deberíamos estar contentos desto, xa que o que comenzou coma unha aventura no 2004 entre Roberto Bouza e máis eu agora é modelo de estudio, de implantación e de interese por parte doutros centros de música galegos. Eu recomendo o concerto a todos polo seu contido didáctico e pedagóxico, pero sobre todo porque é ameno e divertido, ademáis o traballo que se fixo cos rapaces é impresionante e poderán disfrutar da posta en escea dos chavales, froito do esforzo no transcurso dun ano”.

Exit mobile version