Site icon Crónica3.com A Mariña

190 ximnastas participan o domingo no “I Torneo Concello de Burela de Ximnasia Rítmica”

BURELA (FNC) .- O vindeiro domingo 2 de maio a partires das 17 horas terá lugar no pavillón Vista Alegre o I Torneo Concello de Burela de Ximnasia Rítmica na modalidade de conxuntos.

Segundo explica a edil de Deportes, Neves Cando, “un total de 190 nenas e rapazas pertencentes aos clubes Step de Burela e Ribadeo, Saraiba de Poio, Xirandela de Sarria, Acordes de Narón, Quisela de Monforte e Casino Clube Náutico de Viveiro participarán nesta primeira edición do Torneo Concello de Burela”.

A concelleira nacionalista manifesta que “ademais de ver competir a todas estas rapazas de fora de Burela tamén teremos a oportunidade de gozar da demostración das nosas ximnastas que a fin de semana pasada nos campionatos provinciais celebrados en Guitiriz conseguiron a clasificación dos equipos prebenxamín, alevín, infantil, cadete e junior para os campionatos galegos que terán lugar a finais de maio en Ourense”.

Neves Cando felicita “ás gañadoras e agardar que o domingo nos deleiten co mellor do seu quefacer deportivo”.

Exit mobile version