Site icon Crónica3.com A Mariña

O Inludes gastou un de cada dez euros presupuestados para inversións reais durante 2009, asegura o PP

NOTA DE PRENSA

O Inludes só gastou un de cada dez euros presupuestados para inversións reais durante 2009

* Deixou ademais de comprometer dous millóns de euros en subvencións polo que o GPPP non dubida en calificar como desastrosa a xestión deste organismo

* Os populares responsabilizan desta situación a Gómez Besteiro ó que tachan de vago e ineficaz

Lugo, a 14 de abril de 2010.- “A xestión do Inludes é un desastre”, afirma con rotundidade o Grupo provincial do Partido Popular, logo de coñecer o grao de execución dos ornamentos do órgano provincial a 31 de decembro de 2009.

Os populares consideran que “o Inludes tal e como está a funcionar serve para ben pouco, a non ser para colocar exdelegagos provinciais da Xunta bipartita. Dende logo, o que non está a facer é colaborar a que esta provincia saia da crise económica a que nos avocou Rodríguez Zapatero”.

Os representantes do PP na Deputación fundamentan as súas críticas en datos. As previsións definitivas de investimentos reais do Inludes a finais do pasado ano eran de 8.205.210 euros, pero só se comprometeron un de cada dez euros destinados a tal efecto, xa que quedan por comprometer exactamente 7.273.224 euros. Na opinión dos populares “éste non é exemplo de xestión porque eses máis de sete millóns de euros deberían que estar investidos e ese investimento podería ter contribuido de xeito decisivo na creación ou mantemento de postos de traballo, dos que tanto adolece a nosa provincia”.

“Esta situación é un exemplo máis da vagancia e ineficacia da que fai gala o Sr. Besteiro, quen está a todo menos o que debe estar, que non é outra cousa que defender os intereses da provincia de Lugo e dos seus habitantes”, engaden os populares

Outro exemplo máis “desa desgana que caracteriza ó bipartito provincial e particularmente ó seu presidente José Ramón Gómez Besteiro” son as cifras sobre as transferencias correntes, as subvencións. Así, do total previsto definitivo, que ascendía a 2.965.929’46 euros, só se comprometeron o 32’69 por cento, é dicir, 969.682’16 euros. A pregunta que se fan os populares é qué se vai facer cos dous millóns restantes e, “o máis importante”, por qué non se empregaron.

O GPPP entende que o Inludes está “a efectos prácticos totalmente paralizados” porque os expedientes tardan moito en resolverse pola “torpeza que están a amosar os responsables políticos máis preocupados por usar a institución cun espíritu claramente partidista que por resolver ou axudar a solucionar os problemas que afectan ós lucenses”.

Exit mobile version