Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que “constataron in situ que na estrada A Pontenova-Riotorto non hai ninguén traballando”

Nota de Prensa

O Partido Popular acusa á Deputación de enganar ós veciños de A Pontenova

* Os populares constatan que na estrada A Pontenova-Riotorto “non hai ninguén traballando”

* Barcia recoméndalle a Lara Méndez “facer menos anuncios e viaxiños, e dicir a verdades e traballar máis”

A Fonsagrada, a 8 de abril de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular acusou á Deputación de enganar ós veciños de A Pontenova porque constataron in situ que na estrada A Pontenova-Riotorto “non hai ninguén traballando, e por non haber non hai sequera sinalización de obra”.

Os deputados provinciais José María González Barcia e José Manuel Yanes Ginzo, acompañaron ó portavoz popular no concello de A Pontenova, Jorge García, entre outros membros do PP local, nun percorrido pola totalidade dos once quilómetros do vial indicada, a LU-4803, constatando que “a tén máis semellanzas coa superficie lunar que cunha vía de comunicación do século XXI”.

O voceiro adxunto do PP na Deputación, José María González Barcia, pediulle a Lara Méndez “menos anuncios e menos viaxiños, e máis verdades, traballo e compromiso”. Segundo indicou, “non é de recibo que Méndez faga afirmacións que non son certas, e que anuncie visitas nun tono entre xocoso e amenazante porque o único certo é que a estrada está intransitable e que, como non comencen de inmediato a arranxala, unha boa medida para sacarlle proveito sería facer unha plantación de pinos porque para outra cousa non serve”.

O voceiro popular na Pontenova tamén culpou do retraso destas obras ó rexidor local porque “non se pode cobrar tres mil euros mensuais por unha media dedicación e non defender os intereses dos veciños; o alcalde debería estar aquí, demandando que a estrada se arregle dunha vez por todas”.

Jorge García lembrou que este vial “está neste estado lamentable pola incapacidade do concello e da Deputación de parar o seu deterioro”, mentres que Ginzo e Barcia salientaron que esta obra xa estaba contemplada nos plans da anterior etapa da Deputación que, enfatizaron, “foron paralizados absolutamente polo bipartito provincial”.

“Agora”, engadiron, “como queda un ano para as eleccións, éntranlles as presas, pero deberían de saber que eso ós veciños xa non lles cola, porque os usuarios desta estrada están fartos de que en tres anos non se fixera nada de nada”.

Os populares advertiron ademais de que hai curvas realmente perigosas que están sen sinalizar debidamente, e pedíronlle a Besteiro e a Méndez que veñan canto antes a ver o estado da estrada. “Eso sí”, puntualizaron, “que traigan xa os obreiros para arranxala e que veñan nos seus coches particulares, para sentir en carne propia o estado insufrible da estrada. Así, no caso de que haxa averías, que as paguen dos seus bolsillos, porque se veñen nos coches oficiais e teñen algún problema habería que arranxalos cos cartos de todos os cidadáns da provincia, cousa que non sería de recibo á vista de cómo está a estrada A Pontenova-Riotorto”.

Exit mobile version