Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela mostra o seu descordo coa instalación dunha emisora municipal

NOTA DE PENSA:

O GMPP de Burela: “que a creación dunha emisora volva ó pleno dous anos e medio despois, exemplo da falla de proxecto e da incapacidade do bipartito”.

Os populares din que “solo este ano, a emisora pode custarlles ós bureleses máis de oito millons de pesetas”.

Aseguran que “os únicos preocupados pola emisora son os membros do bipartito”.

O GMPP de Burela afirmou hoxe que “que a creación dunha emisora municipal volva ó pleno dous anos e medio despois, é un claro exemplo da falla de proxecto do bipartito para Burela, e proba da súa incapacidade para sacar os asuntos para adiante”.

O PP, ante a inclusión deste asunto na orde do día no pleno que se celebrará o vindeiro xoves, quere lembrar que este asunto xa se tratou no pleno de Outubro de 2007, hai dous anos e medio, e que daquela fora presentado polo alcalde como “un servicio que demostraría o compromiso cultural do concello”. Pois ben, ese compromiso, de existir, chega dous anos e medio tarde, e movido por intereses partidistas e electorais.

Para os populares, “solo este ano, e na situación de crise que vivimos, a emisora pode custarnos a todos os cidadáns deste concello máis de oito millóns de pesetas, nos tres postos de traballo que se pretenden crear. Pero o peor é que non se garanten os ingresos para cubrir eses gastos: o alcalde dirá que os ingresos sairán da publicidade, pero eso está, e nunca millor dito, no aire; ademais, hai que lembrar que a lei di claramente que os servicios públicos municipais teñen a obriga de autofinanciarse, e neste caso esto non está claro que sexa así, e moito menos confirmado”. Segundo o PP, “vanse gastar, se o asunto sale adiante, cáseque cincuenta mil euros, pero as axudas dos corenta euros ainda están sen pagar. Unha mostra máis do despilfarro que practican estes señores”

A día de hoxe, os populares consideran que “nngún veciño está preocupado por que haxa ou non emisora de radio municipal en Burela; ninguén, excepto os membros do bipartito e as persoas, escasas, e ó millor xa avisadas, que poden optar ós selectivos postos de traballo da emisora: un director, un xornalista e un técnico de son”.

Segundo os populares, a incompetencia do bipartito é evidente: “dous anos e medio para volver a tratar un asunto que no seu día venderon con grande fanfarria, que daquela quedou en nada, é o máis claro exemplo de que o bipartito burelés está máis que agotado: como non teñen ideas, volven outra vez coas mesmas. Agora só falta que o alcalde volva outra vez a falar da comisión de premios dos solares, ou de poñer en marcha o grupo de acción de praias. O Concello de Burela xa é un desastre, pero o peor é que a este paso Burela será un desastre pola falla de proxectos dun bipartito que só está para satisfacer os seus intereses”.

Exit mobile version