Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de burela pide a chegada do gas natural á comarca e ao Concello

Nota de prensa

O GMPP burelés pide a chegada do gas natural á comarca e a Burela.

Pernas Chao e González Barcia afirman que a política de Zapatero pón en risco o desenvolvemento da comarca .

Os populares lembran que o gasoducto da Mariña  debería estar concluido en 2008.

O GMPP de Burela vén de presentar unha moción “pedindo que de inmediato se adxudique a construcción do gasoducto da Mariña de tal forma que estea concluido en 2012 para poder proporcionar gas natural a industrias e particulares”.

Os concelleiros populares Pablo Pernas Chao e José  María González Barcia suscriben esta moción, que lembra que “o gasoducto debería estar rematado, ou cando menos adxudicado, en 2008, pero a política económica e enerxética de Zapatero está condenando á comarca da Mariña en xeral e a Burela en particular a unha marxinación na subministración de gas natural, que merma e mesmo pón en risco o desenvolvemento socioeconómico”. E esto é así, segundo os dous concelleiros do PP, porque “a día de hoxe nada se sabe deste tema, que tén enorme importancia para as empresas que se asentan na comarca e máis concretamente en Burela”.

Os populares lembran que “a aposta polo gas como enerxía limpa e máis barata foi unha aposta do PP, tanto desde o goberno central, que elaborou o plan estratéxico 2002-2011, como desde o goberno da Xunta, porque a Xunta de Manuel Fraga apostou decididamente por este tipo de enerxía”.

Pernas Chao e González Barcia tamén indican que “as actuais infraestructuras gasísticas que temos en Burela débense a gobernos do PP tanto no concello coma na Xunta; pero a partires de aí, nada se fixo, o que nos preocupa, porque tampouco vemos ningún interés especial do bipartito burelés en axilizar estas cuestións”.

Os dous concelleiros populares finalizan a súa nota de prensa cun lamento: “o alcalde presume de que abren negocios, pero non pode presumir de axudar ás empresas a manter postos de traballo e de facilitar a súa actividade. Se tivera interés real, xa nos tería resoltas dúas dúbidas: cando chegará o gas natural a Burela, e por onde pasará a autovía Barreiros-San Cibrao”.

Exit mobile version