Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pon outro impedimento para a radio municipal e asegura que o procedemento é ilegal

NOTA DE PRENSA

O GMPP de Burela asegura que o procedemento para a creación dunha emisora municipal non é legal.

Os populares afirman que no expediente non hai memoria económica.

Consideran que o bipartito unha vez máis fai as cousas mal e quere ter unha ferramenta publicitaria para as eleccións pagada con cartos de todos.

O GMPP de Burela afirmou hoxe que o procedemento para a creación da emisora municipal non se axusta á legalidade vixente, dado que con carácter previo debería terse constituida unha comisión técnica para valorar a viabilidade de tal servicio, desde un punto de vista económico, social, xurídico e técnico. Esta comisión non chegou a existir nunca, co que o procedemento podemos asegurar que nace xa invalidado.

Para o PP, o aspecto máis importante é a ausencia de memoria económica. O Concello non tén capacidade financieira, a nivel de vinculación presupostaria, para poñer en marcha a emisora, que nos pode costar no que queda de ano cincuenta mil euros. Tamén descoñecemos cal é o seu presuposto, ainda que o custo total estimado, en cincuenta mil euros, aparece na proposta da alcaldía: non sabemos canto se vai pagar a cada persoa que traballe na emisora, nin canto van custar os equipos. E todo eso, dous anos e medio despois de que este asunto fose tratado por primeira vez no pleno do concello.

Outra cuestión chocante, segundo os populares, está  na forma de xestión: o regulamento que se leva a pleno afirma que a xestión será directa, é  decir, asumida polo concello, pero o primeiro ano a explotación da publicidade correrá a cargo de unha asociación de emisoras municipais. Algo que o PP entende como, cando menos, sospeitoso.

Segundo o GMPP, o bipartito, unha vez máis, está a facer as cousas mal, porque non sabe, e o peor de todo é que tampouco quere saber, que é o máis fiel exemplo da ignrancia. E cando se goberna, hai que facer as cousas con sentidiño. O que tén claro o bipartito é que quere ter a toda costa unha ferramenta publicitaria para as eleccións municipais pagada con cartos de todos, ainda que tentarán vendernos que se fai con finalidade cultural.

Exit mobile version