Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP fai balance dos investimentos da Xunta na provincia de Lugo

NOTA DE PRENSA
O Partido Popular asegura que a Xunta investiu en Lugo durante un ano preto de 152 millóns de euros

* Os deputados populares lucenses adiantaron que a previsión para os próximos anos é que o investimento chegue ós 225 millóns de euros a maiores

* Jaime Castiñeira asegurou que a comarca de Lugo “saíu claramente fortalecida co goberno de Feijoo, cunha aposta importante para inversións, cunha xestión real, que se concreta con obras en marcha e outras rematadas”

* A Xunta de Galicia destinou case 18 millóns á comarca de A Fonsagrada

* Barreiro suliñou pola súa banda que “Galicia conta hoxe cun único presidente e un único equipo de goberno, cohesionado e coordinado”, que redunda en beneficio de todos os galegos porque “o goberno está centrado en solucionar os problemas dos galegos e non en resolver liortas internas derivadas de intereses partidistas”

Lugo, a 15 de abril de 2010.- O Presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro indicou que en “só un ano de goberno de Alberto Núñez Feijoo as diferencias con respecto ó bipartito son salientables”. Así, suliñou en primeiro lugar que hai un “único presidente e un único equipo de goberno, cohesionado e coordinado”, e eso redunda, segundo recalcou, “nunha acción de goberno máis áxil, coherente e sobre todo encamiñada e centrada en dar solucións ós problemas de Galicia en xeral e de Lugo en particular e non a resolver loitas internas derivadas de intereses partidistas contrapostos”.

Para Barreiro, o Goberno da Xunta deu mostras sobradas do seu compromiso coa provincia de Lugo, principiando pola posta en marcha do Plan Impulsa e seguindo polo elevado nivel de inversión xa comprometido.

O líder dos populares lucense fixo estas valoracións durante o balanzo realizado hoxe polos deputados da comarca de Lugo sobre este primeiro ano de goberno no que Jaime Castiñeira destacou que “está claro que o goberno de Feijoo si cumpriu coa comarca de Lugo, e ademais, con creces, con inversións importantes feitas realidade”. Un investimento que cifrou en 151,7 millóns de euros neste primeiro ano de legislatura.

O deputado popular aposta por seguir nesta liña cun plan de austeridade, tendo en conta a situacion económica e os “grandes buratos” que deixou o bipartito, ademais dos case dous millóns de euros que hai que devolver pola súa nefasta xestión. Castiñeira resumiu que “é unha inversión que nunca antes coñeceu a comarca de Lugo”, polo que non dubidou en felicitar a Galicia pola súa “boa elección” do pasado 1 de marzo.

Castiñeira sinalou que, con este ano de Feijoo, “a comarca de Lugo saíu claramente fortalecida, cunha aposta importante para inversións, cunha xestión real, con obras en marcha e outras rematadas”.

Neste contexto quixo subliñar, das numerosas cuestións que permitiu o “excelente trato de Feijoo con Lugo”, o impulso á Lei da Dependencia.

En concreto, matizou que nun ano se duplicou o número de concesións feitas en dous anos polo bipartito ó amparo da Lei da Dependencia e asegurou que a Xunta apurou as resolucións ata o punto de que tramitou nun só ano 836 solicitudes fronte ás 598 que o bipartito levou adiante en dous anos.

Castiñeira asegurou que “con estes datos, está claro que Feijoo multiplicou por catro a inversión do bipartito”. “Iso si que é un gasto social e non socialista, como nos ten acostumados o PSOE”, recalcou.

Horizonte futuro.-

Para os próximos anos, coas actuacións incluídas no Plan Move que afectan á comarca de Lugo por importe de 86.000.000 (desdobre de Nadela, estrada de Friol a Begonte, ronda Leste de Lugo…); os preto de 23.000.000 de euros para actuacións en materia de vivenda; o auditorio con 13.500.000, os case 100.000.000 euros para chan industiral, e os 2.200.000 euros para o plan Paradai, serán en total 225 millóns de euros o que achegará a Xunta “nunha mostra sen parangón de compromiso con Lugo”.

Comarca de A Fonsagrada.-

Feijoo tamén cumpriu coa comarca de A Fonsagrada. En total, foron case 18 millóns de euros os que a Xunta aportou para os concellos de A Fonsagrada, Baleira e Negueira de Muñiz. Desa cifra, máis dun terzo foi destinado a conceptos de Medio Rural, mentres que a segunda partida máis cuantiosa foron axudas para a mellora da competitividade (2.400.000 euros).

O presidente da Xunta plasmou, asimesmo, o compromiso cos dependentes da comarca da montaña, segundo explicaron os populares, xa que cuadriplicou en 365 días a cifra de resolucións de dependencia do bipartito en dous anos. Así, co PP na Xunta aprobáronse 138 resolucións, fronte ás 42 que concederan PSOE e BNG.

DESGLOSE LUGO CAPITAL

Instituto Galego de Vivenda e Solo: rehabilitación en distintos concellos da área rural e axudas varias da Consellería de vivenda 2.282.000

A maiores, outros 3.275.000 (2.983.000 en Garabolos) en Vivendas de Protección Oficial

14.380.000 en obras de solo industrial no polígono das Gándaras

2.708.000 na rehabilitación do casco histórico

Estradas 1.737.000 (Outeiro de Rei, Friol, Portomarín.. partidas en distintos concellos)

Lei de Dependencia: 836 concesións Lei Dependencia nun ano (valoracións que xa a cobrar). En total 1434 personas que cobran actualmente, fronte aos 598 que había en dous anos do bipartito

Augas de Galicia 14.409.000 euros á comarca de Lugo

Protección e promoción Patrimonio Histórico Galego 1.700.000 euros

Novo hospital de Lugo: 34.000.000 no novo hospital, parte xa executados, outros en licitación (gas, p. ex). [21.000.000 licitados en decembro, algunhas (quirófanos) xa en Mesa de Contratación.]

Outros conceptos

Educación: en libros de texto 332.800, entre o 64,1% dos alumnos que a concederon en Lugo ata 94.9 % en Friol.

Industria: 4.118.000

Fondo de Cooperación Local: 8.824.000

Traballo: 1.100.000 en distintas axudas (RISGA, p. ex)

Medio Rural: axudas directas e FOGA 32.323.000

Expropiacións: 3.977.434,43

Programas de Cooperación Fomento do Emprego 1.284.729,28

Programas de Cooperación Entidades sen ánimo de lucro: 4.032.702,19

Obradoiros de Emprego: 1.263.342,60

Outros: 3.000.000

Exit mobile version