Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide no Parlamento que se “modifique de raíz” o Pacto Territorial polo Emprego da Mariña

NOTA DE PRENSA:
Balseiro, González Barcía, Villares e Salgueiro presentan en rolda de prensa as iniciativas que serán obxecto de debate proximamente no Parlamento de Galicia

O GRUPO POPULAR PIDE NO PARLAMENTO QUE A XUNTA “MODIFIQUE DE RAÍZ” O PACTO TERRITORIAL POLO EMPREGO DA MARIÑA PARA FACELO MÁIS EFECTIVO NA LOITA CONTRA O PARO

* Interésase tamén polas posibles irregularidades acontecidas no proceso de selección do persoal que traballa na oficina técnica, despois de que o Alcalde socialista de Burela, como presidente do Pacto e do Tribunal de Selección, contratase a unha concelleira do seu equipo de Goberno.

Santiago, 22 de abril de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular pedirá formalmente no Parlamento de Galicia que a Xunta proceda á modificación do Pacto Territorial de Emprego da Mariña despois de que se teña acreditado o seu fracaso no obxectivo principal que é a loita contra o desemprego e a creación de novos postos de traballo. Así o adiantou o deputado popular José Manuel Balseiro Orol en rolda de prensa celebrado no día de hoxe, xunto co presidente do Partido Popular de Burela, José María González Barcia, e os alcaldes de Cervo e Xove, Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro, representantes desta formación política na asociación impulsora do pacto.

Ao igual que están a facer nos distintos concellos, a través da presentación de mocións para o seu debate en pleno, o Grupo Parlamentario Popular pedirá que se reformulen estas oficinas de tal xeito que poidan desenvolver dúas labores esencias: a colaboración cos concellos na procura da inserción laboral dos desempregados, e a intermediación coas empresas para dar cobertura ás posibles necesidades de persoal que poidan ter.

O Grupo Popular sinalou que a Xunta de Galicia vén apoiando estas oficinas técnicas achegando un bo número de recursos públicos e polo de agora tan só serviron como meros instrumentos de análises estatísticas. Os populares non están conformes con estes resultados e por iso demanda ao novo Goberno de Galicia que estude a fórmula para facer a destas oficinas un instrumento útil e efectivo na loita contra o paro. Balseiro Orol tamén explicou que de xeito inminente o Parlamento de Galicia auditará o proceso de selección de persoal seguido para a contratación dos técnicos que hoxe traballan nas oficinas do Pacto, sitas no concello de Foz. Así será despois de constatar que tiveron lugar presuntas irregularidades que deben esclarecerse. Máis en concreto, o feito de que o actual alcalde socialista de Burela, como presidente do Pacto, contratara a unha concelleira do seu equipo de Goberno, á vez que presidía o tribunal que fixo a selección.

Exit mobile version