Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP votou en contra da emisora de radio municipal para Burela por intereses e informes desfavorables

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA

O GMPP de Burela afirma que hai dous informe desfavorables á emisora de radio municipal.

Sospeitan que detrais da emisora hai intereses económicos partidistas.

Os populares aseguran que o bipartito non aposta pola Fundación EXPOMAR.

O GMPP de Burela votou en contra da emisora de radio municipal, por entender que non se aclara en ningún momento cal vai ser o custo real da emisora para os cidadáns. En reiteradas ocasións, foi feita esta pregunta, e a resposta foi sempre a mesma, o silencio.

Ademais, os veciños de Burela teñen que saber que no expediente hai dous informes desfavorables, e nun deles dícese claramente que non se seguiu o procedemento legalmente establecido para a creación deste servicio municipal. Desde o PP consideramos que este acordo pode ser ilegal, porque contravén os dous informes que se incorporan no expediente, un deles absolutamente obrigatorio segundo a normativa que regula a petición de frecuencias á Xunta de Galicia.

Igualmente, en ningún momento se nos dixo por que EMUGA tén que xestionar a emisora durante o primeiro ano. Se todo é tan bonito, se vai xenerar tanta publicidade, se nos van dar tantas subvencións, o lóxico sería que a xestionase o concello, polo que temos que pensar que detrais de todo esto pode haber intereses económicos de carácter partidista.

Por outra banda, quedou perfectamente claro que o bipartito non tén demasiado interese na Fundación EXPOMAR, dado que só se comprometen a aportar doce mil euros o ano que hai feira e seis mil o ano que non a hai. Nós queremos lembrar que na época do PP, exactamente desde2002 a 2007 incluidos, a aportación do concello era de doce mil euros todos os anos. Coa medida adoptada onte polo bipartito, non se corrixen diferencias: sen ir máis lonxe, ainda non se lle abonou á Confraría o importe dun convenio polo uso da nave de redes.

Exit mobile version