Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo aposta pola creación dunha escola infantil de xestión autonómica con servizo de comedor

Nota de Prensa
O GMS APOSTA POLA CREACIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL DE XESTIÓN AUTONÓMICA CON SERVIZO DE COMEDOR
OS PAIS DE CERVO CONSIDERAN UN APAÑO O CAMBIO DE UBICACIÓN E DEMANDAN INSTALACIÓNS, SERVIZOS E HORARIOS COMPATIBLES

CERVO, 13 DE ABRIL. Cervo necesita con urxencia dotarse de servizos públicos e de calidade para evitar a sangría poboacional dos últimos anos, que ameaza de forma importante o relevo xeracional do concello. Para iso non son suficientes os apaños e as improvisacións e require do esforzo de todos para sair adiante.

SERVIZO DE COMEDOR E HORARIO COMPATIBLES

O GMS, propuso ao concello de cervo e á Conselleira de Traballo o cambio de ubicación do PAI, transladándoo cara as instalacións do parvulario do Rivera Casás e transformándoo en unha escola infantil con mais e mellores servizos que incluiran horarios ininterrumpidos e servizo de comedor. Foi durante a visita que a conselleira fixo a Cervo o pasado mes de febreiro e en ela os socialistas ofrecimos a posibilidade de aproveitar as instalacións do antigo CEIP e que na actualidade están totalmente vacias e desaproveitadas.

O PP TEN QUE POÑER ALGO DA SÚA PARTE

Para iso, o PP de Cervo ten que poñer algo da súa parte e dar o brazo a torcer en favor das familias deste concello e deixar de lado os intereses partidistas que tanto prexudican ao conxunto da poboación; por iso non deixa de sorprendernos a machacona actitude do alcalde de Cervo,que impedeu nun pleno debatir a proposta que é unha demanda a gritos das familias de Cervo e que non e outra que o traslado do PAI ao Rivera Casás. A actual ubicación non ofrece garantias de calidade para os nenos ao encontrarse na punta de San Ciprián, afectada por fortes ventos, paso de vehículos e un transformador anexo ás instalacións que canto menos, producen intranquilidade aos pais.

XESTIÓN AUTONÓMICA

Dende o GMS tamén demandamos á conselleira, que a Xunta se fixera cargo da xestión da escola Infantil, pasando o concello a asumir únicamente os gastos de mantemento e limpeza; sería unha compensación xusta por privar ao concello de Cervo de uno dos seus colexios co conseguinte aforro para as arcas autonómicas e que debe repercutir en ofrecer outros servizos á poboación.

Exit mobile version