Site icon Crónica3.com A Mariña

Mércores comeza a actividade docente na escola infantil de Foz

FOZ .- Os nenos e nenas matriculados na escola infantil de Foz incorporaranse ao centro o mércores. Previamente, o luns  celebrarase unha xuntanza xeral con todos pais e nais na que se lles darán a coñecer aspectos relativos á normativa de funcionamento da Rede de Escolas Infantís de Galicia e, o martes haberá unha xornada de portas abertas, segundo indica a Consellería de Traballo e Benestar. Cara ao vindeiro curso, cabe lembrar que continúa aberto ata o día 15 de abril o prazo de preinscripción para novos usuarios.

REFERENCIA

Os nenos e nenas matriculados na escola infantil de Foz incorpóranse ao centro este mércores

Os pais e nais asisten mañá luns a unha xuntanza xeral

O martes celebrarase unha xornada de portas abertas para que os pequenos coñezan a escola e ao persoal

Santiago, 11 de abril de 2010.- Os 46 nenos e nenas matriculados na Escola Infantil de Foz incorporaranse ao centro o vindeiro mércores, depois de participar o martes nunha xornada de portas abertas na que terán un primeiro contacto co persoal do equipo educativo e coas instalacións.

Tamén con carácter previo ao inicio da asistencia dos nenos á escola, mañá luns celebrarase unha xuntanza xeral con todos pais e nais na que se lles darán a coñecer aspectos relativos á normativa de funcionamento da Rede de Escolas Infantís de Galicia.

A Escola Infantil de Foz oferta un total de 61 prazas divididas en 4 unidades. A Xunta destinou ao equipamento e outros suministros deste centro infantil un total de 60.351,21 euros.

O de Foz é unha das oito escolas infantís que o Consorcio está a poñer en marcha nos primeiros meses do ano. Así, desde o pasado mes de xaneiro comezou tamén a actividade en novos centros de Ferrol, Marín, Vilagarcía, Cotobade e Silleda e próximamente iniciarase nos de Ames e Ares. Estes oito centros incrementarán en 544 a oferta de prazas en escolas do Consorcio que acadará as 4.542 nun total de 90 centros.

Preinscrición para o vindeiro curso
Cara ao vindeiro curso, cabe lembrar que continúa aberto ata o día 15 de abril o prazo de preinscripción para novos usuarios nas escolas do Consorcio. No caso de Foz, as instancias poden recollerse na propia escola. As listas provisionais publicaranse o 3 de maio e, tras un prazo de 10 días para reclamacións, as definitivas faranse públicas o 1 de xuño. O prazo de matrícula será do 2 ao 22 de xuño tanto para os que fixeron reserva ou renovación como para os que fixeron preinscripción.

Exit mobile version