Site icon Crónica3.com A Mariña

Participantes no “Cumio sobre drogas” farán un treito do Camiño Norte con KmO a Compostela

LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este mércores na inauguración do Cumio de Alcaldes, Alcaldesas e Cidades sobre Drogas: América Latina, Europa e O Caribe, que correu a cargo do Alcalde de Lugo, José López Orozco. Gómez Besteiro destacou que “se trata de un acontecimiento de gran trascendencia y que contribuye a la proyección exterior de la ciudad y de la provincia”. Asimesmo, felicitou ós organizadores e ó Alcalde pola iniciativa porque “esta cumbre permite compartir experiencias que, sin duda, servirán para frenar esta lacra social que afecta a los jóvenes y, por tanto, al futuro de nuestro país. La Diputación de Lugo busca soluciones ante los problemas, no los crea. Queremos ser útiles allí donde los necesitan los vecinos y vecinas. La colaboración en esta iniciativa es un ejemplo”.

Os participantes do Cumio participarán o vindeiro sábado, 24 de abril, no programa Km0 a Compostela nunha ruta especial organizada polo organismo provincial co motivo da celebración do evento, que segundo Gómez Besteiro, “contribuye a poner a nuestra provincia en el mapa internacional. Nuestra riqueza medioambiental y paisajística ha sido lo que nos ha avalado para obtener la distinción de Reserva de la Biosfera de la UNESCO. Pero tampoco queremos dejar pasar la extraordinaria oportunidad que nos brinda otro acontecimiento internacional como es el Xacobeo. Fuimos la primeira administración que pusimos en marcha un programa estable previo al Año Santo. Tenemos más de 800 quilómetros de rutas Jacobeas a las que queremos sacarles rendimiento y queremos implicar a todos los sectores”.

Ese día a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañará á comitiva que visitará o Concello de Ribadeo, onde farán un pequeño treito do Camiño Norte. O itinerario tamén inclúe unha visita ó casco histórico do municipio mariñano e unha travesía marítima pola ría.

Un encontro de alto nivel

O encontro desenvólvese no Pazo de Feiras e Congresos. No acto de apertura, ademais do Presidente e do Alcalde participaron o Embaixador en Misión especial para Coordinación de Asuntos Iberoamericanos Ricardo Peidró, en representación da Presidencia española da Unión Europea; o Secretario de Seguridade Multidimensional da Organización dos Estados Americanos, Alexandre Addor-Neto; o representante do Banco Interamericano de Desenvolvemento, Gustavo Béliz; Carmen Moya, da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas; o Secretario Xeral Adxunto da Dirección de Desenvolvemento Humano e Social, o Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro e o presidente da FEMP, Pedro Crespo.

Na primeira xornada está programada unha conferencia maxistral sobre Políticas basadas en evidencia científica, a cargo do Presidente do Instituto de Drogas e Toxicodependencias de Portugal. Despois intervirá o Fiscal Xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, na conferencia maxistral “As drogas baixo o enfoque da seguridade cidadá”.

Para a tarde están previstas varias sesións simultáneas que tratarán temas como “O papel dos gobernos locais na prevención do consumo do alcohol e outras drobas”, que contará coa participación do Intendente de S. Miguel de Tucumán (Arxentina), o Alcalde de Peñalolén (Chile) e o Alcalde de Carabaña que tamén é vocal da FEMP.

O Fiscal antidrogas de Galicia e o Fiscal Xefe do Estado de Río de Xaneiro participarán noutra sobre “A resposta dos servizos de saude ó tratamento para infractores dependentes de drogas”. Outra das sesións tratará sobre “O tratamento por dependencia de drogas en prisións” e contará coa participación da Alcaldesa de Xixón e o Director da Autoridade de seguemento e prisións de Goteborg (Suecia).

Exit mobile version