Site icon Crónica3.com A Mariña

Un goberno que non elabora orzamentos tendo maioría para facelo non e exemplar, explica o BNG de Cervo á concelleira de Facenda

Nota de Prensa

OS ARGUMENTOS DA CONCELLEIRA DE FACENDA DE CERVO PARA DEFENDER A XESTIÓN ECNÓMICA MUNICIPAL SERÍAN DE RISA DE NOS SER POLA SERIEDADE DO ASUNTO

Un goberno que non elabora orzamentos anuais tendo maioría suficiente para facelo nin e exemplar nin pode botarlle a culpa á oposición

Os nacionalistas lembraron que nos últimos dous anos as liquidacións aprobáronse con deficit de 1.677.000 e 267.000 euros respectivamente

Cervo, 18 de abril de 2010. Para o BNG a xestión económica do goberno local e un desastre por moito que a responsábel local de facenda poda dicir outra cousa. Os nacionalistas lembran que non houbo un só ano no que o PP presentara os orzamentos municipais nas datas correspondentes, e na maioría dos exercizos estes foron prórrogas de orzamentos anteriores  xa que o goberno local a pesar de ter maioría suficiente para aprobalos nin se molesta en elaboralos. O mesmo se pode dicir da aprobación das contas xerais e liquidacións que sempre se fan fora de prazo e con resultados deficitarios consecutivos.

O feito de que ano tras ano as liquidacións ofrezan resultados negativos de tesourería non pode ser cualificado como exemplar.

Os nacionalistas cualificaron de desastrosa unha xestión económica que ofrece ano tras ano u resultado orzamentario negativo. Referíndose unicamente ás liquidacións orzamentarias dos últimos dous anos, analizaron que os resultados deficitarios das liquidacións de 2008 e 2009 con 1,6 e 267.000 euros de remanente negativo de tesourería da boa conta do desastre na xestión económica municipal. O Portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa manifestou que non houbo un so exercizo orzamentario dende que o PP está no goberno local no que o remanente de tesourería para gastos correntes fose positivo e que esta situación lastra ano tras ano os orzamentos seguintes

O goberno local ten dereitos pendentes de cobro por 5 millóns dos que 3,39 son de dubidoso cobro

Na mesma liña, Estúa fixo mención á mala xestión económica do Partido Popular ao referirse aos dereitos pendentes de cobro de exercizos pechados  e correntes. O nacionalista argumentou que a liquidación do exercizo 2008 deixou á vista dereitos pendentes de cobro por importe por mais de 5 millóns de euros, que en moitos casos non se van poder executar e requiriu ao goberno local a súa depuración, tal como recomendaban os servizos de intervención municipal que cuantifica en 3,39 millóns as débedas de dubidoso cobro. “Estúa  fixo mención a esta cifra ao cualificar de neglixente que o goberno local deixe escapar semellante recadación por non facer as xestións oportunas para o eu cobro e recalcou que o concello de Cervo non e pobre, e un concello cuns xestores económicos pobre e neglixentes.”

Botar a culpa de todos os males á oposición xa non cola despois de 11 anos no goberno

Os nacionalistas lamentaron que o goberno local siga botando as culpas da mala xestión económica a outros sen asumir nin en parte as responsabilidades propias cando levan 11 anos gobernando sen que os resultados económicos melloren. Estúa lembrou que nos anos das vacas gordas do urbanismo o goberno local dedicouse a dilapidar os cuantiosos ingresos en taxas por licenzas de construción e agora pretenden facerlle pagar á cidadanía a mal xestión deses anos mediante o incremento até o límite fixado por lei dos impostos directos e indirectos aprobados no Plan Económico-Financeiro.

Exit mobile version