Site icon Crónica3.com A Mariña

Asociación Equina “A Medela” de Xove celebra en Lago Feira Nacional de Gando cabalar o domingo

XOVE .- O vindeiro DOMINGO, 16 de maio, terá lugar na Parroquia de Lago,no novo campo da festa, anexo ao cento social de Lago, no término municipal de Xove a XIVª FEIRA NACIONAL DE GANDO CABALAR organizada pola Asociación Equina “A Medela” de Xove.

Ao longo de toda a mañá, haberá variedade de actividades, tales como o concurso de estampa e beleza, nos que se inclúen razas como cabalos do país, cabalos cruzados, pura raza árabe e pura raza española.

Tamén haberá concurso de andadura, en todas as modalidades, marcha de trotóns.

Logo, á tarde, haberá xogo de barriles, carreiras de cabalos, proba de habilidade de burros.

Premiarase tamén aos gandeiros que maior número de cabezas equinas acheguen á feira.

Para rematar, haberá un sorteo dun bonito POLDRO.

Exit mobile version