Site icon Crónica3.com A Mariña

4513 persoas de A Mariña non teñen traballo, un 11,93 por cen máis que hai un ano

A MARIÑA .- Segundo os datos do Observatorio do paro do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, medra o desemprego na comarca. Actualmente hai 4513 persoas sen emprego a Mariña, o que significa un aumento porcentual do 11,93% con respecto a mesma data do pasado ano. O mes pasado pechouse con 57 parado menos que o mes anterior.

O número de parados rexistrados a 30 de abril de 2010 é de 4.513 persoas, o que
significa 57 parados menos que no mes pasado. Porcentualmente o paro no Pacto Territorial
descendeu un 1,25%. Valor lixeiramente superior ao descenso do paro rexistrado en abril de
2009 con respecto a marzo do mesmo ano, cando o paro descendera un 1,18%.
A nivel provincia de Lugo e de Galicia tamén se rexistran descensos do paro no último
mes. E tamén námbolos dous casos os descensos son superiores aos rexistrados no mes de
abril de 2009. Comparando estes descensos cos rexistrados no Pacto, vemos que o paro na
provincia de Lugo descendeu en maior porcentaxe, mentras que o paro en Galicia ten un
descenso algo inferior.

Exit mobile version