Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de mulleres Bolboretas de Xove celebra durante este ano o vixésimo aniversario

XOVE .- A entidade Xovense asociación de mulleres Bolboretas celebra durante este ano o seu vixésimo aniversario con diversas actividades entre as que se atopa  unha exposición  na que pretenden mostrar o traballo feito pola asociación e polas socias

Nota de Prensa

BOLBORETAS CELEBRA O SEU XXº ANIVERSARIO CUNHA EXPOSICIÓN

A Asociación Xovense “ASOCIACIÓN DE MUJERES BOLBORETAS” celebra este ano 2010 o seu vixésimo aniversario, para o cal prepararon, como feito máis relevante, unha exposición XXº ANIVERSARIO – 1.990/2.010.

Na citada exposición pretenden mostrar o traballo feito pola Asociación, e lóxicamente polas socias, ao longo destas dúas décadas, traballos saídos, moitos deles, de cursos, obradoiros, etc. Ao longo deste tempo foi moito o realizado, polo que non foi fácil realizar a montaxe. Entre os numerosos obxectos expostos, temos traballos de: arte floral, cestería, bolillos, patchwork, coiro, tiffany, óleo, cerámica, ….

A Exposición vai desenvolverse na Sala deExposición da Oficina Municipal de Turismo de Xove dende o 22 ao 29 de maio.  A mesma vai estar aberta tódolos días de 17:00 a 20:00 horas, e o mércores 26 e o sábado 29 vai abrir tamén pola mañá de 11:00 a 13:00 horas.

A inauguración da Exposición vai ter lugar o venres 21 de maio ás 20:00 horas (8 da tarde) na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo, estando invitados á mesma numerosas persoas, autoridades municipais e outros.

A organización desta Exposición corre a cargo da Asociación Bolboretas, para o cal contou coa colaboración do Concello de Xove.

Exit mobile version