Site icon Crónica3.com A Mariña

A conselleira de Pesca inaugurou a XVII edición das xornadas técnicas de Expomar en Burela

BURELA .- A conselleira de Pesca, Rosa Quitana, inaugurou xoves a XVII edición das xornadas técnicas de Expomar, celebradas en Burela para debater asuntos do ámbito pesqueiro. Na xornada de hoxe tamén participou o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica para falar da proposta galega ante a nova PPC.

REFERENCIA

A conselleira do Mar inaugurou a XVII edición das xornadas técnicas de Expomar en Burela
Rosa Quintana defende a unidade do sector como medida para o avance da pesca galega

* Na xornada de hoxe tamén participou o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica para falar da proposta galega ante a nova PPC

Santiago, 27 de maio de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugurou a XVII edición das xornadas técnicas de Expomar, celebradas en Burela para debater asuntos do ámbito pesqueiro. Durante a súa intervención, a conselleira do Mar, defendeu a unidade e a integración entre os membros do sector como medida para o avance da pesca galega e puxo as xornadas como exemplo desa unión, xa que comprenden “o intercambio de pareceres e inquedanzas que suman alternativas e fórmulas de futuro”.

Os temas aos que se dedican as xornadas este ano son a Política Pesqueira Común e as novas obrigas de control comunitario, uns asuntos que Rosa Quintana definiu como “clave para o futuro”. A conselleira reiterou o seu apoio a este tipo de iniciativas e lembrou outras que o seu departamento apoia en Burela como a promoción e a diferenciación do bonito ou a progresiva mellora do porto desta localidade.

Ademais da conselleira do Mar, hoxe este evento contou coa participación do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, que ofreceu un relatorio sobre a achega de Galicia ante a nova Política Pesqueira Común. Mañá será o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández, o encargado de moderar a segunda xornada. Esta iniciativa, organizada pola fundación Expomar e patrocinada pola Consellería do Mar celébrase conxuntamente co XI Encontro empresarial de organizacións pesqueiras.

Galicia e a PPC
O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica reiterou a aposta de Galicia por unha sostibilidade ambiental, social e económica das pesquerías, do marisqueo e da acuicultura e lembrou os principais puntos da proposta galega. Entre eles, salientou o cambio de TACs e cuotas por un sistema de esforzo pesqueiro, a necesidade dunha definición do concepto de pesca artesanal e marisqueo válida a nivel europeo e de uniformizar os requisitos de formación entre países, a integración da comercialización como parte fundamental da PPC e a aposta pola acuicultura como fonte de creación de emprego.

Juan Maneiro incidiu na importancia de buscar alianzas para continuar traballando polas propostas de Galicia e recordou, que esta proposta presentada e valorada polo sector e aprobada polo Consello Galego de Pesca, foi expresada na conferencia sobre a reforma da Política Pesqueira Común, celebrada a principios de mes na Coruña. Esta achega tamén se trasladou a Bruxelas, onde, no mes de abril, o secretario xeral da consellería do Mar e o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica intercambiaron pareceres ao respecto na DG MARE. Ademais o director xeral anunciou que proximamente Rosa Quintana viaxará a Bruxelas para continuar promovendo a proposta de Galicia.

Exit mobile version