Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegada da Xunta en Lugo afirma que a novo organigrama aforra gastos en comparanza co anterior

LUGO .- A creación da Delegación Territorial única supuxo en Lugo un recorte de 1.296.524 euros dos gastos en relación á anterior estrutura das delegacións provinciais, sin merma algunha na labor de xestión para os cidadáns. Así o expuxo a delegada territorial, Raquel Arias, despois de comprobar o cómputo real de custos salariais e doutro tipo orixinados durante o primeiro ano de funcionamento do novo modelo de organización periférica.

“Fronte a quen expresa dúbidas infundadas ou manipula os datos, -explica a delegada- imponse unha realidade incontestable que indica que só nas xefaturas territoriais de Lugo se aforraron case 1,3 millóns de euros (1.296.524 euros), que basicamente eran soldos, dietas e gastos de representación dos antigos delegados provinciais”, explicou Arias.

A delegada considera “deliberadamente desinformadas” ás voces que “aínda hoxe sosteñen que os xefes territoriais son o equivalente aos antigos delegados provinciais”. Resulta evidente, afirmou, que mentres antes existía en cada delegación unha figura política –o delegado provincial- asesorado por un secretario provincial, “agora ambas figuras refúndense na do xefe territorial, de xeito que en todos os casos existe aforro de persoal”.

En total, o gasto das delegacións provinciais de Lugo no último ano de funcionamento do modelo anterior (2008) ascendeu a 1.632.718,04 euros, o que inclúe soldos dos delegados, dietas, gastos de representación ou o combustible dos coches oficiais, entre outros conceptos.

Os gastos de funcionamento da Delegación Territorial por conceptos similares durante este primeiro ano ascenderon a 336.194 euros. Raquel Arias asegura que o goberno da Xunta está a facer un gran esforzo inversor, do que se beneficia especialmente a nosa provincia, “e iso sen renunciar á austeridade que se marcou como principio de actuación e que tivo a súa primeira tradución nun novo modelo de organización da administración periférica da comunidade autónoma”.

A máxima representante do Executivo galego na provincia non esqueceu que esta eficiencia na xestión dos cartos de todos os galegos non se centra só nas delegación territoriais. “Con todas as medidas postas en marcha por este Goberno autonómico nada máis tomar posesión –conclúe Arias- conseguiuse reducir nunha media dun 28% os gastos de funcionamento da Administración autonómica, é dicir, os gastos non produtivos. Hoxe somos unha das tres comunidades máis aforradoras do Estado”.

Exit mobile version