Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación duplica as axudas aos autónomos da provincia con 800 beneficiados

LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola Vicepresidenta Segunda e responsable da Área de Promoción Económica e Emprego, Lara Méndez, presidiu este luns a Comisión Executiva do Instituto Desevolvemento Económico e Social –INLUDES- onde se aprobaron as axudas do programa de Apoio ao Tecido Empresarial. 800 autónomos da provincia, o dobre que na convocatoria anterior, resultaron beneficiados.

Tratáse dunha iniciativa posta en marcha polo actual equipo de goberno provincial convertendo á Deputación de Lugo nunha das poucas administración en España que subvenciona os gastos correntes deste colectivo, e que está acadar un gran éxito de convocatoria. Deste xeito, o INLUDES recibiu preto de 1.400 solicitudes, das que 960 reuniron as seguintes condicións: estar dado de alta no Imposto de Actividade Económica antes do 1 de xaneiro de 2009; obter unha renda inferior ó Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) anual que se sitúa nos 7.236 euros, ter o domicilio fiscal en Lugo, así como desenvolver a súa actividade na provincia.

Máis do 80% dos solicitantes que cumpriron ós requisitos recibirán agora un máximo de 3.000 euros, o límite que establecen as bases, para facer fronte ós recibos de luz e teléfono, seguros, aluguer, etc. O Boletín Oficial da Provincia –BOP- publicará o acordado pola Comisión Executiva, e a Deputación notificará ós beneficiados, ó longo deste mes, a cantidade que lle corresponde, así como o prazo para entregar a documentación esixida para cobrar a subvención.

1.400.000 euros

A Deputación investiu nas dúas últimas convocatorias deste programa 1.400.000 euros. O organismo provincial mantén un firme compromiso cos autónomos, que se palpa en inicativas como: Km0.Deputación de Lugo, un programa co que se manteñen 3.000 postos de traballos na provincia; Lugo Compite + , un pioneiro, personalizado, e gratuito proxecto anti-crise dirixido a potenciar e manter as empresas lucenses; Lug02, o programa medioambiental que aposta pola profesionalización do sector; ou a contrución da Granxa Gayoso Castro, un proxecto mediante o cal os autónomos do sector agrogandeiro aforrarán custes.

Precisamente, a Federación de Autónomos de Galicia recoñeceu esta fin de semana, durante a celebración da Feira de Mostras que acolleu por primeira vez a capital lucense, o traballo que está a levar a cabo o organismo provincial para impulsar ós autónomos de Lugo.

Exit mobile version