Site icon Crónica3.com A Mariña

“A festa dos xubilados de Cervo converteuse nun mitin do PP”, asegura o BNG

NOTA DE PRENSA:
A IRRESPONSABILIDADE E A PROPAGANDA PARTIDISTA ENTURBIARON OS ACTOS DE HOMENAXE A XUBILADOS E XUBILADAS CERVENSES

Os nacionalistas denuncian os discursos partidistas do alcalde e da Delegada Raquel Arias que converteron o acto institucional da festa dos xubilados cervenses nun mitin do PP

A preparación dos actos do día do xubilado no Pavillón da Veiga provocou o traslado durante unha semana do alumnado das Escolas Deportivas Municipais ao do Rivera Casás que non foi preparado para acoller estas actividades e presentaba un estado lamentábel.

Cervo, 5 de maio de 2010. O BNG fixo públicas as queixas de pais e nais do alumnado das Escolas Deportivas Municipais que recibiron unha carta na que se lles avisaba do traslado das actividades das escolas do pavillón publico de A Veiga ao do colexio Rivera Casás durante unha semana para preparar os actos do día do xubilado celebrado o pasado sábado. As queixas non se refiren ao traslado senón ao estado lamentábel do pavillón do Rivera Casás, coa pista chea de suciedade e cos vestiarios e duchas sen auga e inutilizables polos cheiros lixo que acumulaban.

O Pavillón Municipal de A Veiga substituído polo do Rivera Casás que non se limpou e se preparou para acoller ao alumnado das Escolas Deportivas.

Os nacionalistas recibiron queixas de pais e nais de alumnos das Escolas Deportivas Municipais que foron trasladados para realizar as súas actividades do Pavillón Municipal de A Veiga ao do Rivera Casás durante unha semana para preparar os actos da festa dos maiores, “nin as queixas dos pais, nin as do BNG van dirixidas ao traslado, senón ao estado do Pavillón do Rivera Casás que leva moitos anos sen ningún tipo de mantemento e nin foi limpado nin preparado para estas actividades”, sinalou Estúa. Segundo estas denuncias “a pista era unha esterqueira e os baños e vestiarios nin se puideron usar polos cheiros e o mal estado das instalacións que tampouco tiñan auga”. O mais grave desta situación e xa non e a primeira vez que sucede, pasou o mesmo para organización do encontro de palilleiras. Para o portavoz nacionalista esta e a forma habitual que ten o goberno local de xestionar os asuntos municipais, “improvisación e chapuza permanente”, nesta ocasión, “coa irresponsabilidade de meter a menores nunhas instalacións nesas condicións”.

O BNG pedirá explicacións ao goberno local polo trato dado ao alumnado das Escolas Deportivas

O BNG anunciou a petición de explicacións ao goberno local por este asunto, tendo en conta que xa era algo previsto xa que os pais e nais foron avisados por carta do traslado das actividades das Escolas Deportivas ao Rivera Casás durante unha semana, “durante a cal non se fixo nada por mellorar o estado sanitario da instalación”, Rematou Estúa.

Propaganda partidista e terxiversación dun acto institucional de homenaxe aos xubilados convertido nun mitin electoral

Os nacionalistas tamén se fan eco das queixas trasladadas por xubilados e xubiladas de Cervo asistentes ao xantar na súa homenaxe celebrado o pasado sábado. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa presente no xantar, denunciou que “e o segundo ano que o PP utiliza este acto institucional para dar un mitin político”, o ano pasado foi o Presidente Provincial do PP e este ano o discurso da Delegada Provincial que utilizou este acto para facer campaña partidista”. O alcalde pola súa banda comprometeu unha residencia da terceira Idade, “a mais importante da Mariña”, esquecendo que a xestión do BNG na Xunta deixou executada unha en Viveiro de grandes dimensións, “que o PP na Xunta foi incapaz de abrir en mais de un ano de goberno.”

Exit mobile version