Site icon Crónica3.com A Mariña

A PEME da Mariña poderá acollerse ao programa anti-crise da Deputación “Lugo Compite +”

A PEME  da Mariña poderá acollerse ao programa anti-crise da Deputación “Lugo Compite +”

LUGO .- O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que á Mariña benficiarase do programa anti-crise do ente provincial Lugo Compite + “para lograr na zona empresas máis competitivas que sobrevivan á crise”.

Nota de Prensa

A Deputación reedita o programa personalizado anti-crise Lugo Compite + debido o seu éxito

– Gómez Besteiro e o Alcalde de Lugo entregaron os diplomas ás 30 PEMES da zona centro de Lugo que participaron na pioneira iniciativa do organismo provincial

– O Presidente adianta que as pequenas e medianas empresas da Marina serán as que se beneficien de forma gratuita da nova convocatoria

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto o Alcalde de Lugo, José López Orozco, entregaron este martes os diplomas ós 30 participantes, titulares de pequenas e medianas empresas da zona centro da provincia, no programa personalizado anti-crise Lugo Compite +. Gómez Besteiro adiantou que “debido o éxito da primeira convocatoria, a Deputación levará agora esta pioneira iniciativa á Mariña para lograr na zona empresas máis competitivas que sobrevivan á crise”.

A Deputación logrou en menos de catro días que todas as prazas desta novidosa iniciativa quedasen cubertas. Ademais, tivo que ampliar nun 20% o seu cupo debido o aluvión de solicitantes. Este programa anti-crise, que supón un aforro para as PEMES de entre 4.500 e 6.000 euros, -o prezo real das consultorías que se ofrecen segundo o mercado-, engádese a outras iniciativas como os proxectos destinados á dificil sucesión familiar que se celebraron na Mariña e na Ribeira Sacra, e que contribuirón a manter uns 50 postos de traballo.

Deste xeito, as PEMES da costa lucense, é dicir entidades de entre 10 a 200 asalariados que ante a situción económica cómpren de solucións urxentes para asegurar a súa supervivencia, poderán beneficiarse desta iniciativa sufragada ó cen por cen pola Deputación. Este programa, ademais de ser gratuíto, é personalizado xa que expertos económicos coñecen as oportunidades de cada un dos participantes fronte ós seus competidores mediante asesorías individuais para, primeiro asegurar a súa permanencia, e logo consolidar as melloras e potenciar un crecemento sostible.

Exit mobile version