Site icon Crónica3.com A Mariña

O endebedamento do Concello de Cervo “responde a operacións de crédito” asegura a edil de facenda

CERVO .- Segundo indica a responsable de Facenda de Cervo, “o endebedamento municipal responde a operacións de crédito dirixidas a axilizar o pago aos provedores e pequenas e medianas empresas”

Considera disparatado recibir leccións dunha formación política que alí onde goberna está no punto de mira pola súa incontrolada débeda e avultado déficit

CHELO GALLEGO: “O CONCELLO DE CERVO DE ESTAR HOXE XESTIONADO POLOS SOCIALISTAS ESTARÍA EN BANCARROTA”

* O endebedamento municipal responde a operacións de crédito dirixidas a axilizar o pago aos provedores e pequenas e medianas empresas, obxectivos cos que presume non estarán en contra os socialistas

* A edil de Facenda, quen lembra que puxo en marcha un plan de redución do gasto e austeridade para que non se vexan prexudicados os servizos públicos, afirma que nunca farán como os socialistas que promoven recortes sociais e fan pagar a crise ás economías máis modestas

Cervo, 18 de maio de 2010.- A edil de Facenda do Concello de Cervo, Chelo Gallego, afirmou que resulta como mínimo sorprendente e unha mostra de evidente cinismo político que sexa o PSOE quen critique a situación da economía municipal. “Debemos ter en conta, que estamos a falar dos socialistas, a mesma forza política que ten nas súas mans o Goberno de España, cuxa xestión está no punto de mira do resto dos países europeos e dos organismos mundiais polo seu incontrolable déficit e avultado endebedamento”. Segundo a concelleira popular “é disparatado que pretendan darnos leccións os que peor o fixeron hoxe, e no pasado”

Chelo Gallego si quixo garantir que o Goberno municipal non fará como propugna o PSOE nin recortes sociais ni en servizos. Ao seu entender “os socialistas pretenden que paguen a crise as economías máis modestas e as pequenas empresas e nos non compartimos esta estratexia”. A diferenza deles o obxectivo do Goberno municipal e controlar o gasto como medida para sanear a economía municipal.

AFORRO MUNICIPAL
De feito a edil de Facenda lembra que o Concello de Cervo puxo en marcha un plan de austeridade cuxo obxectivo é reducir os gastos correntes tales como o subministro eléctrico (estanse a cambiar centos de alumeados públicos para introducir medidas de aforro) e outros como en material de oficina. Tamén reduciron de xeito salientable, como xa se ten explicado, o custe das dedicacións do Equipo de Goberno, “algo que por certo Lara Méndez pide aos demais pero polo de agora non fixo co seu salario millonario que tamén pagamos todos.”

AXILIZAR O PAGO AOS PROVEDORES
Chelo Gallego indicou que ou ben por descoñecemento ou ben porque pretenden enganar aos veciños o PSOE oculta deliberadamente que as operacións de endebedamento asumidas no último ano teñen por obxecto axilizar o pago a provedores, fundamentalmente pequenas e medianas empresas do propio municipio, “obxectivo co que ademais presumimos que o PSOE non estará en contra”. A idea fundamental é traballar para que os servizos públicos non se resintan, a pesar da actual conxuntura económica e do período de dificultade para as facendas locais, que ademáis en xuño, por imposición do PSOE teñen que asumir a suba do IVE”

CO PSOE O CONCELLO EN BANCA ROTA
Finalmente a edil de Facenda quixo lembrar o desastroso da xestión económica do PSOE cando tivo responsabilidade de Goberno en Cervo para concluír que, tendo en conta estes antecedentes, non sería para nada complicado supoñer que si os socialistas xestionaran hoxe o Concello de Cervo este estaría en banca rota. A diferenza disto, o Equipo de Goberno do Partido Popular logrou cumprir por primeira vez en moitos anos co límite de endebedamento imposto a todos os concellos de España, situación ademais que,permite valorar con optimismo a evolución e positivamente a xestión municipal.

Exit mobile version