Site icon Crónica3.com A Mariña

A selección de persoal para o GRUMIR de Burela aprazouse por reclamacións dos aspirantes, asegura o PP

NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela denuncia “bastantes problemas e tangana” na selección de personal do GRUMIR.

Aseguran que a selección aplazouse para o venres, ante as reclamacións de boa parte dos aspirantes.

Os populares afirman que o alcalde “ culpable da situación, esquivou a súa responsabilidade, perdendo os nervios e culpando a funcionarios”.

O GMPP de Burela denunciou hoxe “bastantes problemas e pode que irregularidades, e tamén tangana” no proceso de contratación das prazas de peón especialista do GRUMIR, dado que a selección foi aprazada hasta o vindeiro venres, ante a reclamación de boa parte dos aspirantes, que mesmo presentaron un escrito de protesta e reclamación no rexistro do concello. O alcalde “responsable e culpable da situación vivida, esquivou a súa responsabilidade, perdendo os nerviso e cargando culpas a funcionarios”.

A selección tiña que facerse hoxe, mércores, ás nove da mañán. A esa hora, os aspirantes, uns quince para tres prazas, personáronse no concello e comprobaron que a lista de admitidos non fora correxida tal e como demandaran en días anteriores, porque non se lles recoñecía toda ou parte da documentación presentada. Ante esta situación, dirixíronse ó alcalde, para pedirlle explicacións, e este reaccionou afirmando que a culpa non era del, que el non tiña ningunha responsabilidade, e nun evidente estado de alteración, xa que houbo momentos que mesmo elevou a voz por encima do que debe ser un tono habitual de conversa.

A situación volveuse cada vez máis complicada, porque o alcalde chegou a culpar a certo persoal do concello, o que provocou estados de crise de ansiedade e de moitísima tensión, nos que o alcalde en todo momento tentou escurrir o bulto como nel é habitual.

Á vista de que a cousa non se solucionaba, parte dos aspirantes optaron por elaborar un escrito e presentalo no rexistro do concello, escrito no que solicitan a corrección da lista de admitidos. Máis tarde, a media mañán, a selección aprazouse hasta pasado mañán, venres, parece ser que para revisar a lisa de admitidos e os seus méritos.

Para o PP, o alcalde debe urxentemente dar as debidas explicacións do seu comportamento. El, como alcalde, é o responsable das bases de contratación e de todo o proceso de selección, e baixo ningún concepto pode escurrir o bulto, algo ó que xa nos tén acostumbrados porque el nunca tén a culpa de nada, sempre a teñen terceiras persoas. En segundo lugar, o alcalde non pode provocar enfrontamentos entre os administrados e o concello, e tampouco entre o propio persoal do concello, porque el, hoxe, co seu comportamento, provocou tales enfrontamentos e non tivo valor a parar unha situación extremadamente tensa. En terceir lugar, o alcalde, como tal, está na obriga de manter a calma, e non comportarse con mui pouca educación, como se comportoue hoxe. Ademais, debe dar todas as explicacións que se lle soliciten e de forma o máis correcta posible.

Desde o PP queremos sinalar que estes hábitos de conducta son bastante habituais no alcalde, que pretende vestirse de boa persoa e ir de “guay”. Todo mentira. Esta persoa acostuma a descargar a súa responsabilidade nos funcionarios, tenlles chamado pouco menos que mentirosos, e non é capaz de enfrontarse ás situacións complexas que a vida dun concello propicia de cando en vez.

Hoxe, para o PP, demostrouse a incapacidade e irresponsabilidade políticas deste home a quen, evidentemente, o cargo de alcalde quédalle mui grande. O que tén que facer, ademais de dar explicacións, é pedir perdón polo de hoxe, e, se lle queda dignidade, irse para a súa casa.

O PP vai solicitar, cando remate o proceso, acceso a toda a documentación, e no caso de detectar algunha irregularidade actuará en consecuencia.

Exit mobile version