Site icon Crónica3.com A Mariña

Cando eramos mozos

Cando eramos mozos falábase das cortinas de fume, da relixión como “opio do pobo”, do fútbol como entretemento e adormecemento das masas, pero a evolución da especie foi ademais, que non necesariamente quere dicir que fora a mellor: Agora para despistar das cousas importantes que pasan, xa non e suficiente con devolver á época onde os indios do cine de vaqueiros crearon os sinais de fume, dicían que era por dar sinais aos seus e os americanos van e créronllo , e mentres intentaban descodificar as mensaxes, os indios ían polo outro lado, e no sentido metafórico roubábanlles a carteira, é dicir prendíanlles lume ó Saloon do forte de playmobil. Cando descubriron que non tiñan o suficiente, fixeron baixar as nubes ata terra, e así inventaron a néboa baixa, o obxectivo era que mentres ti non ves nada, os de sempre veñen e róubanche as galiñas cos ovos e as tortillas de patacas novas, incluídas. Nos tempos modernos deixaron de manipularnos coa natura, aínda cando mantiveron a terminoloxía, crearon unhas cousas denominadas medios de comunicación, co obxectivo que cando uns personaxes denominados poderosos teñan o gusto, puidésennos roubar o que quixesen: dereitos laborais, salariais, condena vitalicia cunha hipoteca, todo isto creándonos unha cortina de fume, que consiste en inventarse problemas onde non temos, que os inmigrantes son delincuentes, que se o galego imponse en Galicia, a xente empeza a discutir de todo e máis, e mentres tanto eles vanse enchendo aínda máis os petos co noso diñeiro e os noso esforzo. Pero cando xa parecía que chegaran á máxima creatividade, pois non! A mente malévola volve ás orixes da natura, cando aquí atopan que a crise continúa e hai taxas de paro máis aló do 20%, os bancos engordan e protéxense co diñeiro público que lles deron os seus clientes preferentes, cando unha maioría moi amplía da sociedade galega non quere deixar que catro “reprimidos” reencarnados de Felipe V recorten aquilo que o pobo decidiu conservar aínda en séculos escuros como medio de expresión e linguaxe propio, cando a corrupción e o enchufismo entrou na cociña da política,…dinnos que un volcán de moi lonxe entrou en explosión e veña todo o mundo a mirar se a nube chegará ou non, case un mes falando da cinza que fará estrelar os avións, ata que Niki Lauda lles desmonta o invento. Por uns instantes non estaría mal que a cortina de cinza, fundida a cinza dos miles de folios escritos en col de cousas que xa estaban ditas, lexisladas e firmadas e reafirmadas así finalmente déixennos vivir en paz, sen esquecer que a crise foi provocada pola especulación inmobiliaria e financeira, e resulta que os responsables son os salarios máis baixos, a xente xubilada, os desempregados mozos.

Otero Regal

Exit mobile version