Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello de Ribadeo e CEPESMA analizan a aparición dunha balea morta en Piñeira

RIBADEO (FNC).- O Cepesma recomenda deixar actuar ao mar para ver si leva cara outra zona a balea que apareceu morta nas últimas horas en Piñeira, segundo explicou hai uns minutos o concelleiro de Medio Ambiente.

Horacio Cupeiro asegura que “se trata dun exemplar de zifio común, segundo nos comentou desde o Cepesma, o seu presidente Luis Laria. Éste considera que a balea se atopa nun lugar inaccesible e que o mellor é deixar que actúe o mar. Hai dúas posibilidades, que acabe arrastrándose ao fondo ou que as correntes a leven cara outra zona onde sexa posible acceder para proceder despois ao seu soterramento”.

Hoxe visitaron Piñeira responsables da Sociedade Galega de Historia Natural. O edil nacionalista sinalou que “desde o Cepesma (Coordinadora para o Estudio e para a Protección das Especies Marinas) me contaron tamén que nos últimos quince días apareceron mortos 9 exemplares deste tipo de balea entre a costa de Galicia e Asturias”

Exit mobile version