Site icon Crónica3.com A Mariña

Critica o PP os procesos de expropiación xestionados pola Deputación

NOTA DE PRENSA:
O GPPP asegura que Martínez minte sobre os procesos de expropiación xestionados pola Deputación

* Os populares acúsano de ignorar os pasos administrativos do propio proceso e convídano a centrarse con máis dedicación e entusiasmo a súa laboura

Lugo, a 5 de abril de 2010.- O delegado de infraestructuras da Deputación de Lugo Manuel Martínez confunde termos que, dada a súa responsabilidade, debería dominar, aseguran dende o Grupo provincial do Partido Popular. Así, cando fala da tramitación de 1.521 expedientes de expropiación debería dicir 1.521 fincas afectadas por unha expropiación, que son cousas moi distintas.

Pero non é éste o único erro ou, para ser máis explícitos, a única mentira na que incurre o Sr. Martínez, segundo suliñan os populares: O procedemento ordinario á hora de ocupar terreos para executar unha obra é o mutuo acordo, unha tramitación que está reglada pola lexislación vixente, e cando non existe entendemento entre as partes afectadas (administración e propietarios) iniciase o proceso de expropiación.

É máis, o anterior goberno provincial, cando non había mutuo acordo, solicitaba a urxente ocupación dos terreos (cuxa autorización correspóndelle á Xunta otorgala) para poder entrar na finca afectada antes da resolución definitiva do expediente de expropiación, precisamente co fin de acelerar o máis posible a execución da obra. Para facer uso deste procedemento, a administración provincial debe, como condición indispensable, reservar os fondos precisos para pagar a expropiación correspondente, que inicialmente se depositaba en Facenda e máis recentemente na caixa de depósito da propia Deputación.

Aclarado está, ó entender do GPPP, que Manuel Martínez minte cando indica que o bipartito provincial regularizou o sistema de expropiacións porque éstas xa se facían seguindo a legalidade vixente. Engaden ademais que o servicio de expropiacións non debía de funcionar tan mal daquela porque as obras facíanse e os terreos que se ocupaban, fose pola vía do mutuo acordo ou da expropiación, pagábanse; e o personal adscrito a este servicio non debían ser tan inepto como el asegura porque prácticamente é o mesmo que atende neste momento.

DECLARACIÓNS MALINTENCIONADAS.-

Os populares tamén califican de malintencionadas as verbas do responsable de infraestructuras da Deputación cando suxire que premeditadamente se retrasaba a resolución das expropiacións e o pago das mesmas e que eso provocou que houbera que pagar intereses. Martínez obvia que os expediente expropiatorios resolveos o Xurado de Expropiacións de Galicia, que, en teoría, ten tres meses de prazo para dar o seu fallo, e que casualmente durante a etapa de goberno do bipartito na Xunta de Galicia adicábase a requerir un sinfín de documentación, normalmente innecesaria, para a resolución dos expedientes, o que provoca a dilación do proceso e o conseguinte custo engadido.

Os populares tamén se amosaron asombrados porque Manuel Martínez considere excesivos os pagos realizados por algunhas expropiacións, obviando tamén que é un técnico da propia Deputación o cumplimenta as follas de aprecio da administración e o que, por tanto, asigna o correspondente valor ós terreos.

En definitiva, para o GPPP o intento de Martínez por xustificar a súa mala xestión ó fronte de área de infraestructura desmóntase por si soa e pola súa ignorancia manifesta sobre o propio proceso administrativo a seguir. E por elo que os populares convídano a centrarse con máis dedicación e entusiasmo a súa laboura, dinamice as obras pendentes e deixe de botar tanto á vista atrás con espíritu revanchista.

Suliñan ademais dende o GPPP que se quere aforrar cartos pode principiar por evitar os gastos innecesarios que afectan o seu departamento e por poñer coto á ocupación de terreos sen firmar a obrigada acta de toma de posesión de terreos.

Para os populares o único claro é que o servicio de vías e obras da Deputación está paralizado, leva prácticamente tres anos sin acometer obras novas, situación que contrasta coa etapa anterior polo que non cabe dúbida de que algo se debe estar a facer mal dende o departamento que dirixe Manuel Martínez.

Exit mobile version