Site icon Crónica3.com A Mariña

Está aberto ata o 20 de xuño o prazo para participar no programa de vacacións do Imserso

RIBADEO (FNC) .- Ata o 20 de xuño está aberto o prazo para participar no programa de vacacións do Imserso. Desde o departamento de Servizos Sociais do Concello lembran que poden solicitar praza aquelas persoas que teñan cómo mínimo 65 anos cumpridos, os que sexan pensionistas de xubilación do sistema público de pensións, os que sexan pensionistas de viuvez con 55 anos cumpridos, outros pensionistas e prexubilados con 60 anos cumpridos e que todas estas persoas se valgan por sí mesmas e non padezan alteracións no comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

As  modalidades que se ofertan para que os maiores gocen dunhas vacacións no período comprendido entre outubro de 2010 e xuño de 2011 son: estadías en zonas costeiras, viaxes culturais para coñecer a historia e a arte do país, turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescas e intercambio con outros países.

As solicitudes serán baremadas para a adxudicación de prazas. O prazo de presentación para poder entrar neste proceso finaliza o 20 de xuño, ainda que se manterá aberto ata o 1 de decembro para cubrir as posibles vacantes que se puideran producir. Os interesados poden obter máis información nos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, ubicados no auditorio municipal.

Exit mobile version