Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito da primeira actividade da Asociación Cultural e Deportiva Pasiño a Pasiño

O pasado domingo día 23 comezou o primeiro de moitos roteiros que imos realizar na Asociación Cultural e Deportiva “Pasiño a pasiño”. Mais de sesenta socios gozaron recollendo follas e flores antes dunha comida campestre, todo iso contando coa desinteresada colaboración da Asociación Cabaleiros do Xunco. Tamén se xogaron a diversos xogos tradicionais e ata houbo quen fixo unha randeeira con dúas cordas e unha táboa.

Exit mobile version