Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariñapatrimonio programa unha visita guiada á San Martiño para domingo

A asociación sociocultural Mariñapatrimonio ten programada unha visita guiada á San Martiño para o domingo día 9 de maio, ás 12:30 horas da mañá. Esta visita estará guiada pola restauradora Branca Besteiro que fará un percorrido pola historia das pinturas contando co apoio dunha proxección que  se realizará na propia igrexia.
Esta actividade está organizada en colaboración coa asociación A Pomba do Arco, de Foz e conta co apoio das asociacións veciñais do concello.

Exit mobile version