Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do PP pedindo que Fomento non paralice obras que afecten a Burela

NOTA DE PRENSA:
O GMPP presenta unha moción pedindo que Fomento non paralice obras que afectan a Burela.

Aseguran que o alcalde incumpliu o seu compromiso de entrevista con Blanco.

Os populares: “a credibilidade do alcalde é cero”.

O PP de Burela manifestou hoxe que “a credibilidade do alcalde é cero, como quedou demostrado o pasado sábado coa visita de Blanco, ministro de Fomento. O alcalde tiña manifestado, cando se redactaron as alegacións presentadas polo concello de Burela contra o estudio informativo do corredor Barreiros-San Cibrao, e así consta nos medios informativos, que tiña solicitada unha entrevista co ministro, e que mesmo acudirían representantes dos grupos políticos e colectivos que participaron na elaboración das indicadas alegacións. Pois ben, o ministro estivo en Burela o pasado sábado é non houbo entrevista algunha, exceptundo o que o noso portavoz, González Barcia, puido transmitirlle ó ministro de Fomento, a pesares dos esforzos do alcalde por impedilo”. Desde o GMPP consideran que “o alcalde perdeu unha boa oportunidade para transmitirlle a Blanco, diante de todos os grupos políticos e dos colectivos, e con luz e taquígrafos, a inquedanza de Burela ante o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao, ainda que, eso sí, despois participa na plataforma do corredor San Cibrao-Ferrol, que xa está en obras no tramo Alto do Castelo-Celeiro”.

Ademais, os populares consideran que “a visita de Blanco a Burela só serviu para deixar claro que non hai compromisos serios, ó que se prestou o alcalde, nun papel de segundón impropio do cargo que ostenta”. Burela, afirman os populares, “non se merece un alcalde que se doblega ante o seu partido e que na visita institucional foi incapaz de pecirlle nada ó ministro ante os representantes da corporación de Burela”.

En relación cos recortes que vai levar a cabo Fomento para axustar o déficit público, e máis concretamente naquelas obras que afectan directamente a Burela, o GMPP vén de presentar unha moción no concello no que solicita se adopten os seguintes acordos:

1 .- O Concello de Burela demanda do Sr. Ministro de Fomento D. José Blanco que non se paralice a adxudicación e construcción do novo edificio de Capitanía Marítima ubicado na nosa localidade.

2 .- O Concello de Burela demanda do Sr. Blanco, Ministro de Fomento, que se respecten os prazos establecidos para a construcción e posta en funcionamento do corredor Barreiros-San Cibrao.

3.- O Concello de Burela demanda do Ministerio de Fomento do Goberno do Sr. Zapatero que se cumplan os prazos establecidos para o remate e posta en servicio da totalidade dos tramos da A-8 ó seu paso pola provincia de Lugo.

Para o GMPP, de adoptarse estes acordos por unanimidade dos grupos políticos confiamos en que Fomento non inclúa estas actuacións na relación de obras que está a elaborar e que serán ralentizadas ou paralizadas.

Exit mobile version