Site icon Crónica3.com A Mariña

NNXX de Ribadeo participou nun acto reivindicativo polo emprego

NOTA DE PRENSA
Mozos e mozas desta localidade trasladáronse a Vilalba para sumarse ao acto convocado pola agrupación provincial
NOVAS XERACIÓNS DE RIBADEO PARTICIPOU NO ACTO REIVINDICATIVO POLO EMPREGO

* Mentres o PP sae a rúa para reivindicar máis emprego, o PSOE celebra unha comilona para festexar que España supera o 40% de paro xuvenil.

Ribadeo, 3 de maio de 2009.- As Novas Xeracións do Partido Popular de Ribadeo veñen de participar o pasado sábado nun acto reivindicativo que tivo por lema xovenes polo emprego organizado desde a agrupación provincial. Un acto no que se puxo de relevo a pésima xestión por parte do Goberno socialista á hora de afrontar a altísima taxa de para xuvenil que ten España.

O acto desenvolveuse na praza da Constitución en Vilalba e contou coa presenza de presidente provincial do PP, Jose Manuel Barreiro, da dirixente rexional de Novas Xeracións, María Seoane e o ribadense Daniel Vega, presidente provincial da formación xuvenil do PP.

Tamén sumáronse á protesta membros de diferentes agrupacións locais doutras localidades de Galicia, como o foi o caso de Oroso, Lalín, Pontevedra, Nigrán ou Silleda. Ademais de todas as formacións das Novas Xeracións da provincia de Lugo.

Os mozos e mozas das Novas Xeracións do PP de Ribadeo salientaron tamén o contraste existente xa que mentres que o Partido Popular celebraba este acto reivindicativo polo emprego saíndo a rúa, o Partido Socialista de Ribadeo vaise de comilona deixando así desatendidos aos cidadáns. Engaden tamén que este volve a ser outro síntoma máis de irresponsabilidade por parte do PSOE. As Novas Xeracións pregúntanse se os socialistas teñen moito que festexar cando en España temos un 20% de paro e un 43% de paro xuvenil.

Exit mobile version