Site icon Crónica3.com A Mariña

Nove orquestras, o cantante David Civera e diversas atraccións animarán Burela do 27 de maio ao 8 de xuño

BURELA (FNC) .- O cantante David Civera actuará nas festas patronais de Burela o vindeiro 4 de xuño. Éste será un dos pratos fortes do programa que presentado hoxe no Concello. Un acto no que participaron a presidenta e o tesoreiro da comisión organizadora, Rocío Chao e Jesús Iglesias, así como os concelleiros de Cultura e de Turismo, Neves Cando e José González Legazpi.

As festas comezan o 27 de maio coa inauguración na Casa da Cultura dunha exposición de fotografías sobre a historia das Casas Baratas e cun concerto das corais polifónicas de Burela e Foz. O pregón será o 29 de maio ás 21:30 horas no auditorio da Casa da Cultura. Será pronunciado por Julia Mª Labrador Ben, profesora da Universidade Complutense de Madrid e membro da revista Árbor do Consejo Superior de Investigacións Científicas. A concelleira de Cultura explicou que “é unha muller nativa de Burela, nacida na popular rúa do Can”.

A edil nacionalista Neves Cando destacou entre as novidades do programa das festas deste 2010, “o concerto de David Civera, é unha aposta por unha actuación musical de calidade e que guste a todos os públicos. Sabemos que estará aloxado nun hotel da vila desde o día antes do concerto e estamos en xestións para que asine o seu novo disco aos fans. E outra das novidades importantes terémola o sábado 5 de xuño coa procesión de baixada da Virxe ao Porto. Máis de 200 músicos amenizarán este acto, entre os que se atopan a Banda de Stmo. Cristo de Gracia de Córdoba e a Banda de Gaitas Ciudad de Cangas de Onís. Tamén o sábado os veciños e visitantes poderán disfrutar do concerto de Bandas do Norte”.

O programa inclúe pasarrúas, actividades deportivas, verbenas e misas. As festas rematarán o 8 de xuño coa ofrenda floral no porto de Burela.

FESTAS PATRONAIS BURELA 2010
*-*-*-*-*-*-**-*-*-*-*-*-*-*
XOVES 27 de Maio

20,30 h. Inauguración Exposición fotografías sobre a historia das Casas Baratas organizada pola AAVV das Casas Baratas (Sala exposicións Casa da Cultura)

21,30 h. Concerto da Coral Polifónica de Burela e a Coral de Foz (Auditorio da Casa da Cultura)

VENRES 28 de Maio

21 h. Misa en honra da Virxe do Carme e baixada da imaxe dende a Igrexa da Vila do Medio á Igrexa Parroquial acompañada pola Banda de CCTT Sto Inocencio de Teixeira de Burela

SÁBADO 29 de Maio

21,30 h. Pregón a cargo de Da. JULIA Mª LABRADOR BEN. Actuación do grupo de música de Ledicia de Burela (Auditorio Casa da Cultura)

22 h. Espectáculo de Danza “OVAY” da Compañía Quique Peón (Auditorio Casa da Cultura)

23 h.: Verbena coa orquestra “Atenas” (Praza da Mariña)

DOMINGO 30 de Maio

16,30-20 h. Festa Infantil (Praza do Concello)

MÉRCORES 2 de Xuño

20-22 h. Deporte: I Campionato de Karate “Concello de Burela” (Pavillón Vista Alegre)

XOVES 3 de Xuño

16-20 h. Deporte: fútbol sala (Pavillón Vista Alegre)

21 h. Karaoke (Auditorio Casa da Cultura)

VENRES 4 de Xuño

17-20 h. Deporte: baloncesto (Pavillón Vista Alegre)

19 h. Deporte: fútbol (Campo da Marosa)

23,30 h. Verbena coa orquestra “Master” (Recinto das Festas)

00,30 h. “DAVID CIVERA” en concerto (Recinto das Festas)

02 h. Verbena coas orquestras “Master” e “Océano” (Recinto das Festas)

SÁBADO 5 de Xuño

A partir das 10 h. Confección da grande alfombra floral

10 h. Pasarrúas a cargo da A.M. “Stmo. Cristo de Gracia” de Córdoba e Banda de Gaitas “Ciudad de Cangas de Onís”, organizado pola ACM Dambara de Burela

14 h. Sesión Vermú coa orquestra “Montes” (Recinto das Festas)

17-20 h. Pasarrúas a cargo da A.M. “Stmo. Cristo de Gracia” de Córdoba e Banda de Gaitas “Ciudad de Cangas de Onís”

18 h. Concerto das “Bandas do Norte” na Praza do Concello

21 h. Misa cantada pola Coral Polifónica de Burela na Igrexa Parroquial

21,30 h. Procesión de baixada da Imaxe ao Porto organizada pola SCR Ledicia e acompañada pola Banda Municipal de Música, a Coral Polifónica, o Grupo de baile e música de Ledicia e as Bandas da A.M. “Stmo. Cristo de Gracia” de Córdoba, Banda de Gaitas “Ciudad de Cangas de Onís”e Banda de CCTT Sto Inocencio de Teixeira de Burela.

Fogos artificiais

23,30 h. Verbena coas orquestras “Montes” e “Aché” (Recinto das Festas)

DOMINGO 6 de Xuño

11 h. Pasarrúas a cargo da A.M. “Stmo. Cristo de Gracia” de Córdoba e Banda de Gaitas “Faro de Luarca”

12 h. Misa cantada por “Escolma de Meus” no Porto e procesión marítima acompañada pola A.M. “Stmo. Cristo de Gracia” de Córdoba e Banda de Gaitas “Faro de Luarca”

14 h. Sesión Vermú coa orquestra “Palladium” (Recinto das Festas)

17-20 h. Pasarrúas a cargo da A.M. “Stmo. Cristo de Gracia” de Córdoba e Banda de Gaitas “Faro de Luarca”

22,30 h. Verbena coas orquestras “Palladium” e “Jerusalén” (Recinto das Festas)

LUNS 7 de Xuño

12 h. Procesión de subida das Imaxes, acompañadas polo Grupo de baile e música de Ledicia. Misa cantada por “Escolma de Meus” na Igrexa Parroquial.

14 h. Sesión Vermú (Recinto das Festas)

17-20 h. Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Dambara de Burela

22,30 h. Verbena coas orquestras “Philadelphia” e “Panorama” (Recinto das Festas)

Fogos artificiais

MARTES 8 de Xuño

12h. Ofrenda Floral no Porto

Exit mobile version