Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo denunciará diante o Valedor do Pobo os impedimentos da alcaldía para revisar os expedientes do castro da Atalaia

NOTA DE PRENSA:

O BNG DENUCIARÁ AO VALEDOR DO POBO AS DIFICULTADES POSTAS POLO GOBERNO LOCAL PARA REVISAR EXPEDENTES ARQUEOLÓXICOS DO CASTRO DA ATALAIA

O Alcalde concedeu media hora para ver catro expedentes cun total de 262 páxinas

O BNG pregúntase que quere agochar o alcalde cando dificulta o estudo destes documentos

Cervo, 6 de maio de 2010. O BNG denunciou as dificultades postas polo goberno local para consultar catro expedentes con informes arqueolóxicos referidos ao Castro da Atalaia remitidos pola Delegación Provincial da Consellaría de Cultura o pasado 25 de marzo. Para o BNG non e normal que non se dean copias da documentación e se conceda só media hora para ver catro expedentes cun total de 262 páxinas, “a non ser que se trate de impedir o acceso a información á que temos dereito”, polo que anunciaron a presentación dunha denuncia diante do Valedor do Pobo.

Os nacionalistas poderían dirixirse ao Valedor do Pobo por esta e outras solicitude de documentación que ou non se atenden ou danse en precario.

O BNG tiña solicitado copias de documentación con rexistro de entrada no concello o 25 de marzo e presentou a solicitude o 9 de abril que foi contestada pola alcaldía o 22 do mesmo mes, negando a posibilidade de obtención de copias e ofrecendo o día 3 de maio entre as 9.00 e as 9.30hrs. para consultar os catro informes remitidos pola Delegación Provincial de Cultura relativos a escavacións en Area no Castro da Atalaia. Os nacionalistas critican a actitude pouco democrática do PP que ademais de incumprir os dereitos de acceso a copias de documentación, limítase o tempo de acceso a media hora cando os catro informes suman 262 páxinas.

O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “preguntouse que ten que agochar o Alcalde cando dificulta desta maneira o estudo duns documentos aos que temos dereito, non só para revisalos, senón tamén á obtención de copias.” Estúa lamentou que non sexa a primeira vez que isto sucede, “e habitual que non se cumpra o prazo legal de cinco días para acceso a documentos que non son problemáticos de reunir, e tamén o e que non se conteste a estas solicitudes durante meses”, polo que anunciou que a súa formación “valorará a presentación dunha queixa ao Valedor do Pobo”

Exit mobile version