Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo pediu ao Estado que se recupere o xacemento do Castro da Atalaia situado en terreos públicos

Nota de Prensa

SOLICITOU AO SUBDELEGADO DO GOBERNO DO ESTADO E A COSTAS ACTUACIÓNS PARA A RECUPERACIÓN DA PARTE DO CASTRO DA ATALAIA SITUADA EN TERREOS PÚBLICOS

Nota de Prensa

O BNG SOLICITOU AO SUBDELEGADO DO GOBERNO DO ESTADO E AO XEFE PROVINCIAL DE COSTAS ACTUACIÓNS PARA A RECUPERACIÓN DA PARTE DO CASTRO DA ATALAIA SITUADA EN TERREOS PÚBLICOS

Unha parte do xacemento está situada en terreos públicos de competencia de Portos do Estado que poderían ser recuperados ao igual que se está facendo noutros achados da comarca

Cervo, 27 de maio de 2010. O BNG agradeceu a visita a Cervo do Subdelegado do Goberno do Estado en Lugo, José Vazquez Portomeñe e ao Xefe do Servizo Provincial de Costas, José Miguel Estevan Dolls, a quen trasladou aproveitando o convite de Vazquez Portomeñe a suxerencia de que o departamento de Costas estudase a posibilidade de levar adiante actuacións de recuperación e posta en valor no Castro da Atalaia nas zonas do achado que se atopan en terreos públicos dependentes de Portos do Estado.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Antón Estúa, agradeceu a disposición do Subdelegado do Goberno do Estado, José Vazquez Portomeñe, a escoitar as suxestións dos portavoces dos grupos municipais presentes na visita que este e o Xefe Provincial de Costas fixeron onte ao municipio de Cervo. O nacionalista aproveitou para pedir que Costas estude a posibilidade de levar adiante actuacións de recuperación e posta en valor no Castro da Atalaia naquelas zonas que se atopan en terreos públicos dependentes de Portos do Estado, do cal os dous responsábeis tomaron nota.

Estúa agardou a toma en consideración desta petición, tendo en conta que non existe ningún impedimento legal para levar adiante esta actuación ao ser terreos públicos, da mesma maneira que se está a facer nas vilas tardorromana e medieval de Estabañón en Viveiro, onde Costas executa actuacións de recuperación.

O BNG ademais agradeceu o financiamento por parte do goberno estatal de diferentes actuacións executadas ou en execución no concello de Cervo, facendo especial fincapé no investimento realizado para a construción dunha planta depuradora e colectores xerais de augas residuais que permitirán a retirada de verquidos  sen depurar  do núcleo urbano de San Cibrao e o Polígono de Cuíña.

Exit mobile version