Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz cualifica de lamentable o estado da N642 ao seu polo Concello

Nota de Prensa
O BNG DE FOZ INDIGNADO POLO LAMENTABLE ESTADO DA ESTRADA DA COSTA
“O Estado non inviste en seguridade vial nin siquera o 10% do que recauda en Galiza en multas”

Foz, 5 de maio de 2010.- O BNG de Foz, a través do seu portavoz González Basanta, volve a reiterar a súa indignación polo estado no que está a estrada estatal 642 ao seu polo concello. En numerosas ocasión o BNG xa ten denunciado publicamente dito estado desde hai meses, particularmente  nalgúns tramos como o da Espiñeira e Mañente, a recta entre Nois e Fazouro ou parte da circunvalación do casco urbano.  […]

A brigada de obras de Fomento a raíz daquelas denuncias estiveron tapando os socavóns máis sobresalientes con chapapote que en opinión do BNG non son máis que parches e un gasto inútil posto que esta non supón ningunha solución empeorando a situación na maioría dos casos. No mes pasado aprobouse unha moción instando ao Ministerio de Fomento para resolva o problema e poña esta estrada en condicións posto que tal como está supón un perigo constante que pode provocar a rotura dos veículos cando non accidentes graves. Como exemplo desta situación podemos ver como na costa de Mañente ninguén vai polo carril lento polo mal estado no que se atopa ou noutros tramos os coches van esquivando os baches. A esto hai que engadir a falta de visibilidade pola falta de iluminación e tamén a ausencia de pintura marcando o vial  co que o risco acentúase de noite.

O BNG de Foz quere denunciar e manifestar a discriminación da nosa vila e da nosa comarca por parte dun organismo estatal como é a Demarcación de Carreteras que tradicionalmente abandonou as estradas da costa de Lugo sen adicarlle un só euro cando é Galiza unha das comunidades onde por exemplo máis recauda por multas. Só dicir que en anos pasados a inversión non chegaba ao 10% do todo o recaudado que está sobre os 30 millóns de euros. E esiximos polo tanto que aumente a inversión no mantemento das nosas estradas para que situacións como as actuais non se repitan.

Exit mobile version