Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG interesarase no pleno polo impago das nóminas no Concello de Barreiros

Nota de Prensa

O BNG CONSIDERA QUE O ALCALDE UTILIZA O IMPAGO DAS NÓMINAS AOS TRABALLADORES MUNICIPAIS COMA UNHA CORTINA DE FUME DIANTE DE TODO O QUE LLE ESTÁ A CAER ENRIBA A ÉL E AO CONCELLO. OS NACIONALISTAS PEDIRÁN EXPLICACIÓNS DO OCORRIDO NO PLENO DESTE MES DE MAIO.

Barreiros, 5 de maio de 2010. O BNG considera que o alcalde utiliza o impago das nóminas aos traballadores municipais coma unha cortina de fume diante de todo o que lle está a caer enriba a él e ao Concello. Os nacionalistas pedirán explicacións do ocorrido no pleno deste mes de maio.

Desde o grupo municipal do BNG sinalan que “a ninguén se lle escapa que a situación contable do Concello de Barreiros foi polémica nos últimos anos, estivo no punto de mira do Consello de Contas por non falarmos de temas urbanísticos polos que tamén está no punto de mira. En todo este asunto do cobro das nóminas por parte dos traballadores pensamos que o alcalde está a facer o papel de falsa víctima, tan habitual nel, para distraer a atención sobre a súa persoa por outras cousas que todos sabemos cales son, que existen e que están enriba do alcalde e enriba do Concello de Barreiros”.

Os nacionalistas amosan “o noso respecto para os traballadores do Concello, pero eses traballadores como tal terán unha xunta de persoal, terán un comité de empresa que será o que terá que tomar cartas no asunto e os traballadores terán tamén os seus representantes sindicais que son os que teñen tomar cartas neste asunto. Brindámoslles a nosa colaboración e apoio por se os precisan e creo que o farán tamén o resto dos grupos políticos. Aí saben os traballadores que non hai ningún problema co BNG, ao contrario nos prestamos por si lles podemos ser útiles en algo”.

No BNG consideran que “o problema de fondo é que o alcalde de Barreiros trata de dirimir nos medios de comunicación os seus problemas persoais cunha traballadora, facendo xuizos de valor. Agora enterámonos de que a productividade no Concello se concede ao libre albedrío e dependendo de si se levanta de bó ou mal humor o alcalde. Todo o mundo sabe que as productividades están baremadas en función do posto, están en función do nivel e suxeitas a un acordo marco entre empresa e traballadores, neste caso entre alcaldía e traballadores”.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego entende que “trata de utilizar o problema dos traballadores para botar unha cortina de fume diante de todo o que lle está a caer enriba ao Concello de Barreiros. Nós sí entendemos que ten que haber unha fiscalización e a persoa encargada de fiscalizar os pagos do Concello ten que exercer a súa función”. Os nacionalistas aseguran que “non é a primeira vez que hai reparos de intervención a pagos por kilometraxe, esto ven ocurrindo desde hai varios anos. É curioso porque a principios deste ano que houbo un recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 589.000 euros, aí ían pagos por kilometraxe feitos en 2008 e 2009 por importe de 8.709 euros, polo tanto non nos sorprende a xestión contable do Concello e que saian estas cousas. Non entendemos onde está a relación entre que non se lles pague a 6 traballadores e que non se lles pague a 50, ¿cal é o problema? supoñemos que se trata dun problema administrativo que ten que ter unha solución xa. Neses seis reparos é curioso que se repiten o tipo de desprazamento e as persoas que fan eses desprazamentos, pero o alcalde terao que explicar no pleno deste mes de maio con todo luxo de detalles, porque aí é onde o hai que explicar e non nos medios de comunicación”.

Desde o BNG lembran que o Concello de Barreiros destina nos seus orzamentos deste 2010 máis de 1.740.000 euros a gastos de persoal “algo máis da metade dos presupostos”.

Exit mobile version