Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo e a empresa I.G.10 levarán ao parque de Cerceda a nenos e nenas das escolas deportivas

CERVO .- O Concello de Cervo en colaboración coa empresa I.G.10 organiza unha excursión ao parque acuático de Cerceda para uns 45 nenos e nenas, de educación infantil, que forman parte das Escolas Deportivas Municipais. Nestas escolas que nas participaron preto de 200 rapaces e adultos

Nota de Prensa

AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS ORGANIZAN UN VIAXE AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA COMO COLOFÓN  Á TEMPADA 2009-2010

* Na tarde de onte tivo lugar o acto oficial de clausura desta tempada, na cal participaron preto de 200 rapaces e adultos
* Este é o terceiro ano de vida das Escolas Deportivas Municipais, as cales naceron co obxectivo de fomentar a práctica do deporte en tre os veciños e veciñas de tódalas idades do municipio

Cervo 29 de maio de 2010.- A concellería de Deportes, coa colaboración da empresa I.G.10, organiza unha excursión o vindeiro sábado, 5 de xuño, ao Parque Acuático de Cerceda para uns 45 nenos e nenas de Educación Infantil que forman parte das Escolas Deportivas Municipais.

A viaxe ten previsto partir de San Ciprián ás 8.30 horas para pasar a continuación a recoller aos nenos e nenas de Cervo e seguidamente dirixirse ata a localidade de Cerceda co fin de disfrutar dun agradable día no parque Acuático de dita localidade.

Unha vez alí  os nenos terán a oportunidade de xogar nos inchables e nas atraccións do parque acuático e tamén poderán participar en xogos alternativos e obradoiros de chapas e móbiles. A volta cara a Cervo será as 21.00 horas e a organización aconsella aos nenos e nenas participantes leven acada un a súa comida e a tarxeta da sanitaria e que vaian provistos de roupa axeitada para a xornada (bañador, chanclas, crema protectora e roupa para cambiarse).

Fin terceira tempada

Esta actividade é  gratuíta e serve de colofón á tempada 2009-2010 das Escolas Deportivas Municipais, as cales celebraron na tarde de onte a súa clausura oficial no pavillón do CEIP de Cervo.

Nesta xornada os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de divertirse con inchables e despois participaron nunha exhibición do aprendido nas distintas modalidades de deportes que compoñen estas escolas. A velada rematou co visionado dunha montaxe fotográfica de tódalas activiaddes realizadas ao longo da tempada e finalmente se distribuíu entre os asistentes un novo número da revista oficial das Escolas Deportivas Municipais.

Compromiso co deporte

As Escolas Deportivas Municipais poñen fin a súa terceira tempada, durante a que teñen participado ao redor de 200 rapaces e adultos nas súas distintas modalidades. Trátase dun servizo impulsado desde o Goberno municipal que preside Alfonso Villares e dirixido ao fomento do deporte. O número de participantes acadado, o desenvolvemento das distintas actividades, e a resposta satisfactoria dos alumnos, permite concluír con éxito o terceiro ano de existencia das Escolas.

Exit mobile version