Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo pide colaboración cidadá contra as agresións aos bens de carácter público e privado

CERVO .- O Concello de Cervo fai un chamamento á colaboración cidadá para loitar contra as agresións ao bens de carácter público e privado “que hoxe, desgraciadamente, están moi estendidos na nosa sociedade” indicou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares. Calquera persoa que sexa testemuña ou teña información susceptible de usarse contra a loita deste tipo de actos pode poñerse en contacto coa Policía Local coa seguridade de que esta información será tratada con carácter estritamente confidencial, aseguran.

NOTA DE PRENSA

O CONCELLO SOLICITA A COLABORACIÓN VECIÑAL PARA ATALLAR OS ACTOS DE GAMBERRISMO

* Calquera persoa que sexa testemuña ou teña información susceptible de usarse contra a loita deste tipo de actos pode poñerse en contacto coa Policía Local coa seguridade de que esta información será tratada con carácter estritamente confidencial
* Con esta colaboración o Concello pretende adoptar as medidas oportunas para evitar que estas actitudes antisociais duns poucos sigan prexudicando a boa convivencia e o bo uso dos bens públicos e do conxunto dos cervenses.

Cervo 28 de maio de 2010.- O Concello de Cervo acaba de publicar un bando facendo un chamamento á colaboración cidadá para loitar contra as agresións ao bens de carácter público e privado “que hoxe, desgraciadamente, están moi estendidos na nosa sociedade” indicou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.

O bando reflicte a preocupación do Concello e dos veciños con actitude cívica por certos comportamentos irresponsables co medio urbano e coa veciñanza e que, aínda realizados por parte de individuos e colectivos minoritarios, alteran a normal convivencia e producen o deterioro de bens públicos “coma o mobiliario urbano, as fontes públicas, parques e xardíns,nas fachadas de edificios públicos e privados, nas sinais de tráfico, nas instalacións municipais e noutros bens e dereitos que supoñen un detrimento da calidade de vida dos cervenses”.

Calquera persoa que sexa testemuña ou teña información susceptible de usarse contra a loita deste tipo de actos pode poñerse en contacto coa Policía Local no número 615-52-10-52, coa seguridade de que esta información será tratada con carácter confidencial “e así poder adoptar as medidas oportunas, para entre todos evitar que estas actitudes anti-sociais duns poucos sigan prexudicando a boa convivencia e o bo uso dos bens públicos que fai a gran maioría dos nosos veciños” sinalou o rexedor cervense.

BANDO ALCALDIA
o Concello de Cervo, ao igual que os cidadáns do noso Pobo con
actitude cívica, mostrámonos preocupados por certos comportamentos
irresponsables co medio urbano e coa veciñanza, e que, aínda que realizados
por parte de individuos e colectivos minoritarios, alteran a normal
convivencia.
Estas actuacións anti-cidadás” maniféstanse de moi diversas
formas, no mobiliario urbano, nas fontes, nos parques e xardíns, nas
fachadas de edificios públicos e privados, nos sinais de tráfico, nas
instalacións municipais e noutros bens e dereitos que supoñen un
detrimento da calidade de vida dos cervenses.
É obrigación de todos os veciños actuar civicamente no uso dos
bens e instalacións postas a disposición do público e dos demais
elementos que configuran o noso Pobo.
Esta Alcaldía quere facer un chamamento á colaboración ddadá
para que calquera persoa, que sexa testemuña ou teña información
susceptible de usarse na loita contra este tipo de vandalismo, o denuncie,
para o que se pon á súa disposición o teléfono da Policía Local: 615521052,
coa seguridade de que esta información será tratada coa carácter
confidencial, e así, adoptar as medidas oportunas, para entre todos evitar o
deterioro, perda e destrución do noso Patrimonio

Exit mobile version