Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado de Cultura da Deputación asistiu con escolares a unha representación teatral en Foz

FOZ .- O delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu esta mañá á representación da peza teatral “Construcións Clementina, dígame?” que tivo lugar na Sala Bahía de Foz. A esta representación, sufragada pola Área de Cultura da Deputación, acudiron máis dun cento de escolares dos centros de Ensino de Infantil e Primaria O Cantel, Foz nº 1 e Fondo Nois.

Ademais, pasado luns día 3, tamén levada a cabo coa colaboración da Área de Cultura da Deputación, tivo lugar a representación en Viveiro, á que acudiron máis de 200 alumnos e alumnas dos centros Antonio Pedrosa Latas (Celeiro), CEIP de Covas e CEIP Lois Tobío de Viveiro.

CONSTRUCIÓNS CLEMENTINA, DÍGAME?: Comeza coa marcha da filla de Clementina, Kenia, a Nova York. Canda ela van o seu marido Robert e Clemens, a súa filla. É triste deixala soa, pero Clementina non quere abandonar a súa casa, a casa na que sempre iviu, onde veu medrar o seu amor polo seu home Sigfrido. Non quere, aínda que el xa non estea. A súa neta, antes de marchar, déixalle coma agasallo un “mp3” coa música do avó: Chopin. Clementina, a súa vez, dálle a cámara de fotos que noutro tempo pertenceu ó avó. 2As imaxes fannos lembrar a xente que xa non está”. Perto do Nadal chegará unha carta para Clementina. A pensión non lle chega, e non pode pagar as débedas da casa, polo que lle obrigan a abandonala. É horrible, pero… non quere molestar, mellor non chamar a Nova York, queda demasiado lonxe. Esta nova, vai facer que o corazón de Clementina sufra e non poida máis. O tempo de Clementina ven marcado polo que acontece noutro espazo, metaforicamente representado pola LÚA (que ben podería se-lo seu cerebro).Alí habitan personaxes fantásticos (que forman parte da propia vida e da personalidade de Clementina).O Home das Apertas: traballador incansable que da moito amor pero, ás veces semella esquecerse dos que están ó seu redor. A Nena do Ollo Pecho: non lle gustan as inxustizas, non quere ver as cousas malas e ás veces prefire ficar na casa. A Nena das Arestas: aventureira, precisa ver, coñecer… Os Cráteres: Mala Pata, Artistiña, Malas Pulgas e Listiño. Neste mundo lunático todo vai ben pero… xusto no momento en que Lementina recibe a nova do desafiuzamento, na Lúa comezan as discusións. A Nena das Arestas, a Nena do Ollo Pecho e o Home das Apertas discuten por un xogo, pero o conflito maior ten lugar cando a Nena das Arestas, sen querer, rompe un dos reloxos que arcan o tempo de Clementina (premonición da morte desta). Os cráteres baixarán a buscala, pero todo se acelera… A morte de Clementina fai que esta emprenda un viaxe tolo que terminará na Lúa. Nesa viaxe, cruzarase coa Nena das Arestas: Clementina sobe á Lúa e a Nena das Arestas baixa (marca a evolución). Clementina pregúntase que fará agora… As súas personaxes dinlle que pode facer o que queira, que pode elixir. Ela creará “Construcións Clementina, dígame? Fábrica de soños”.

Exit mobile version