Site icon Crónica3.com A Mariña

O POSE reclama á Xunta un estudio de viabilidade dun transporte público na Mariña

NOTA DE PRENSA:

OS SOCIALISTAS RECLAMAN Á XUNTA QUE REALICE UN ESTUDIO SOBRE A VIABILIDADE DE IMPLANTAR UN SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO, EN COLABORACIÓN COS CONCELLOS DA MARIÑA E QUE RESPONDA AS DEMANDAS E AS NECESIDADES DA ZONA

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego di que a nova realidade que supón o asentamento poboacional industrial e de servizos na Mariña de Lugo, fai que a mobilidade sexa un feito de máxima importancia e relevancia neste ámbito territorial de máis de 60 km

– Sinala que a situación actual está a xerar unha forte demanda sobre a necesidade de crear un servizo público axeitado de transporte comarcal de viaxeiros, que previo estudio das necesidades das zonas e da poboación afectada, debería adoptar un número de frecuencias e paradas que facilitasen a mobilidade comarcal dos cidadáns

Burela , 22 de maio de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou unha Proposición Non de Lei, na Cámara Autonómica, na que reclama que á Xunta que realice un estudio sobre a viabilidade de implantar un servizo de transporte público de viaxeiros comarcal, en colaboración cos concellos da Mariña luguesa, que responda ás demandas e ás necesidades da zona.

Rego fixo este anuncio en Burela, onde mantivo un encontro de traballo con alcaldes e portavoces socialistas mariñaos na que trataron diversas inquedanzas sobre este asunto.

O deputado sinala na iniciativa rexistrada que a franxa costeira da provincia de Lugo foi capaz de xerar unha dinámica de desenvolvemento económico e social, ata o punto de converterse nunha das zonas máis activas e de maior crecemento da provincia de Lugo. Relata que esta situación supuxo a consolidación e a ampliación de asentamentos urbanos nos que están radicados a maioría dos cidadáns e dos servizos, especialmente aqueles que teñen un carácter comarcal ou provincial como é o caso dos de Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo e Mondoñedo, que xunto co resto dos concellos da comarca conforman unha realidade territorial cuasi urbana, que se consolida como unha cidade lineal na que viven e traballan cerca de 75.000 persoas.

O deputado socialista di que a nova realidade que supón este asentamento poboacional industrial e de servizos, fai que a mobilidade sexa un feito de máxima importancia e relevancia neste ámbito territorial de máis de 60 km.

Explica ademais que a situación actual está a xerar unha forte demanda sobre a necesidade de crear un servizo público axeitado de transporte comarcal de viaxeiros, que previo estudio das necesidades das zonas e da poboación afectada, debería adoptar un número de frecuencias e paradas que facilitasen a mobilidade comarcal dos cidadáns.

Afirma que a comarca conta ademais con vantaxes e posibilidades importantes, como poder compatibilizar o transporte público de viaxeiros por estrada co de ferrocarril a través da posibilidade que ofrece FEVE, igual que noutras zonas da cornixa cantábrica, nas que conta cun axeitado servizo de cercanías, e non parece razoable que non se poida facer na zona en cuestión, adaptando horarios e infraestructuras á realidade social e económica pola que transcorren as súas vías.

Exit mobile version