Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela demanda unha actuación inmediata para a reparación do derrube da travesía no Perdouro

NOTA ROLDA DE PRENSA

Os populares de Burela: “urxe a reparación do derrumbe da travesía no Perdouro”.

Presentarán unha iniciativa no vindeiro pleno para demandar unha actuación inmediata.

Lembran que o alcalde anunciou que sería a Deputación quen fixese a obra.

O PP de Burela manifestou hoxe a súa preocupación polo retraso que está a sufrir a reparación do derrumbe de parte da travesía municipal burelesa á altura do Perdouro, “porque se acercan as festas, se acerca o verán, e a imaxe que se dá non é a millor; ademais, é un punto de moita condensación de tráfico e se ben é certo que non tén habido incidentes, o estado actual non pode prolongarse máis”. Polo tanto, segundo os populares, “urxe unha actuación inmediata neste punto para solucionar ese problema derivado dun incremento notabilísimo das chuvias hai xa catro meses”.

Os populares de Burela presentarán unha iniciativa no vindeiro pleno ordinario do concello para que esta actuación se acelere. E lembran que foi o propio alcalde quen dixo que sería a Deputación quen realizase as obras. O mesmo alcalde manifestou non hai moito tempo que o presuposto era de setenta e cinco mil euros, pero a día de hoxe non coñecemos nada máis ó respecto. E o peor é que tampouco os veciños e veciñas de Burela teñen idea de cando se van facer as obras.

Ademais, os populares indican que a Deputación, de boas a primeiras, non pode actuar nunha estrada de competencia municipal, polo que debería asinarse un convenio ó respecto para poder facer a obra. Tampouco sabemos nada se están dando pasos nese sentido, se o concello autoriza á Deputación a actuar, ou é a Deputación a que transfire os cartos ó concello.

Por eso entendemos que sería bon que o alcalde se pronuncie non vindeiro pleno ó respecto, ou mesmo antes, se tén as ideas claras e sabe como se van facer as cousas, porque se a contratación e execución da obra vai a correr a cargo da Deputación, ou incluso o concello, o trámite é simple, xa que se formaliza un procedemento negociado sen publicidade que acostuma a ser breve. E que se saiba, nin no concello nin na Deputación se deu paso algún para levar a cabo esta obra, só redactar o proxecto. E eso é o primeiro que temos que saber.

E mentres tanto, como é habitual co bipartito burelés, o tempo pasa, para maior desgracia e pena de gran parte dos bureleses, que ven como as cousas se fan con grande lentitude. E o peor é que a Deputación bipartita de Gómez Besteiro e Bao  tampouco se caracteriza precisamente pola súa celeridade. En fin, que se xunta a fame coas ganas de comer, e a obra sen facer.

Exit mobile version