Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pídello ao alcalde que non faga de voceiro da Mancomunidade nin da FEGAMP

NOTA DE PRENSA:
González Barcia pídelle ó alcalde que “deixe de facer de recadero da Mancomunidade e da FEGAMP”.

O portavoz popular asegura que ese traballo réstalle adicación ó Concello.

Barcia: “o alcalde fala moito, e fai mui pouco”.

José María González Barcia, portavoz do GMPP de Burela, pideulle hoxe ó alcalde que “deixe inmediatamente de facer de recadero da Mancomunidade de Concellos da Mariña e tamén a da FEGAMP, porque ese traballo réstalle adicación ó Concello e ninguén lle deu autorización para tal cometido”.

González Barcia considera que o alcalde “fala moito e fai pouco, e o único que busca é estar nos medios, e para eso todo lle vale”.

Barcia considera inaudito que o alcalde de Burela anuncie os acordos da Mancomunidade cando esta conta co seu presidente democráticamente elexido e facultado para facer públicos os acordos, e en canto á FEGAMP tén un magnífico equipo de prensa que fai as funcións de relacións cos medios moito millor ca Llano.

O voceiro dos populares vé unha explicación nesta actitude do alcalde: “como o traballo do concello non o apura nin pouco nin moito, adícase, cada vez que vai a unha reunión da FEGAMP ou da Mancomunidade de Concellos da Mariña, a facer de recadero e anunciar a bombo e platillo na prensa o que se fala e o que chega a acordar. Como tén pouco que anunciar do concello, pretende facerse ver dando a impresion de que el ou é o presidente ou cando menos é o portavoz, e que se saiba ninguén o nomeou para ningún dos dous cargos”.

Barcia afirma que “a costume deste home de meterse onde non o chaman e de exercer do que non é, xa lle vén de vello: mesmo chegou a asistir a unha comida nunha visita da conselleira do bipartito María José Caride a Burela, cando o actual alcalde non era nin candidato”.

González Barcia considera que “o traballo extra que fai Llano réstalle tempo de adicación á alcaldía, e así está o concello, paralizado pola súa ineficacia e pola súa falla de compromiso con Burela. Xa non tén moito cariño polo traballo, e así ainda tén menos tempo do que lle faria falla”.

Exit mobile version