Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide que a Xunta que declare a romaría do Carme de San Martiño, en Foz, festa de interese turístico galego

Nota de Prensa

A través dunha iniciativa na que solicita á Xunta que resolva a petición antes da vindeira celebración, na terceira fin de semana de xullo

A DEPUTADA EMMA ÁLVAREZ PROPÓN NO PARLAMENTO A DECLARACIÓN DA ROMARÍA DO CARME DE SAN MARTIÑO DO CONCELLO DE FOZ COMO FESTA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO

Santiago, 29 de maio de 2010.- A deputada do Grupo Popular Emma Álvarez Chao proporá no Parlamento galego instar á Xunta a que declare a Romaría do Carme de San Martiño do concello de Foz como Festa de Interese Turístico Galego, sempre e cando cumpra os requisitos establecidos polo Decreto 39/2001. A parlamentaria rexistrou para tal fin unha iniciativa na que solicita á Xunta que resolva a petición da declaración antes da vindeira celebración da Romaría, na terceira fin de semana de xullo.

O Pleno do Concello de Foz aprobou por unanimidade o pasad 25 de marzo solicitar que esta festa sexa declarada de Interese Turístico Galego, solicitude que a asociación organizadora rexistrou en días pasados.

Álvarez Chao valora o esforzo realizado pola Asociación Cultural Virxe do Carme-San Martiño, que organiza cada ano as festas do Carme de San Martiño de Foz, coa colaboración de entidades públicas e privadas. Un labor, salienta a deputada, “que logra atraer á parroquia a centenares de visitantes no día principal da celebración”.

Ademais dos actos populares e da presencia de pregoeiros destacados, vinculados coa asociación e a parroquia, ao éxito desta Romaría contribúe sen dúbida, segundo destaca Emma Álvarez, o contorno de gran beleza natural e paisaxística da ermida da Virxe do Carme, inaugurada en 1699, no que se desenvolven as comidas campestres e acampadas familiares, que están aumentando considerablemente.

Exit mobile version