Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere que a Xunta demande ao goberno do Estado que reforce o Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia

Nota de Prensa

Na súa defensa, Balseiro salientou que amplas áreas do litoral galego “non están cubertas como deberían fronte á acción das mafias organizadas e outras organizacións ilegais”

O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA QUE O GOBERNO CENTRAL REFORCE O SERVIZO DE VIXILANCIA ADUANEIRA EN GALICIA

* O deputado lamentou que o Goberno de Zapatero non estea a adoptar as medidas oportunas para corrixir a situación, malia que os datos oficiais indican que en Galicia “aprehendeuse o 57% do total da cocaína de todo o litoral español” e se rexistrou un aumento exponencial na introdución de hachís, ademais de aumentar o contrabando de tabaco.

* Balseiro destacou tamén que a estas deficiencias únense as que presenta a Garda Civil do Mar á que, por exemplo na base que ten no concello lucense de Viveiro, non se dota cos medios materiais e persoais necesarios.

Santiago, 12 de maio de 2010.- O Pleno do Parlamento aprobou hoxe a iniciativa presentada polo Grupo Popular que insta á Xunta a demandar do Goberno central que reforce o Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia. A proposición non de lei faise eco das múltiples queixas, entre outros, dos sindicatos e dos propios traballadores, pola precariedade na que opera este servizo esencial, entre outras funcións, na loita contra o narcotráfico.

Na defensa da iniciativa,  no debate celebrado onte na Cámara, o voceiro de Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou que amplas áreas do litoral galego “non están cubertas como deberían fronte á acción das mafias organizadas e outras organizacións ilegais”. Nese sentido, fixo referencia a que en tres das seis bases marítimas que o Servizo de Vixilancia Aduaneira ten en Galicia (Vilagarcía, Muros, Ribadeo, A Coruña, Marín e Vigo), as embarcacións superan os 24 anos de antigüidade e están a sufrir continuas avarías que non son reparadas en tempo e forma. Doutra banda, o helicóptero que opera na zona norte “tan só dispón de dúas horas de auotnomía” e o persoal, “uns traballadores excelentes”, son sometidos “a continuos traslados, de porto en porto”, ao tempo que moitas veces “non se cubren as baixas nin se reforza o servizo en casos de xubilacións” e non hai “o persoal suficiente nas bases como para patrullar as embarcacións”.

Ante esta situación, o voceiro de Mar dos populares criticou que a Administración central na nosa comuniddade “está a traballar con certa desidia e falta de interese” e cualificou a actitude do Goberno do Estado de “novo desprezo a Galicia e aos galegos”, xa que “nin escoitan nin reaccionan”.

GARDA CIVIL DO MAR

O deputado lamentou que o Goberno de Zapatero non estea a adoptar as medidas oportunas para corrixir a situación, malia que os datos oficiais indican que en Galicia “aprehendeuse o 57% do total da cocaína de todo o litoral español” e se rexistrou un aumento exponencial na introdución de hachís, ademais de aumentar o contrabando de tabaco. Fronte a isto, o Goberno central “mantén incomprensiblemente inoperativos parte dos medios dispostos para a loita contra o narcotráfico”.

Balseiro destacou tamén que a estas deficiencias únense as que presenta a Garda Civil do Mar á que, por exemplo na base que ten no concello lucense de Viveiro, non se lle dota cos medios materiais e persoais necesarios.

A iniciativa do Grupo Popular aprobada hoxe céntrase, dun xeito especial, en que se garanta a operatividade das embarcacións; a cobertura aérea en todo o litoral galego para operacións de vixilancia, patrulla, persecución e interceptación, incrementando as horas de autonomía de voo dos helicópteros; e a suplencia do persoal, eliminando a precariedade actual e a falta de cobertura de baixas.

Exit mobile version