Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP repite que para a apertura da residencia de Viveiro necesita un acordo do pleno

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA

Balseiro matiza ao Alcalde de Viveiro
MENTRES QUE O ALCALDE DE  VIVEIRO NON ADOPTE  O ACORDO PLENARIO NO QUE RATIFICA A CESIÓN DOS TERREOS  A SOGASERSO BLOQUEARÁ A APERTURA DA RESIDENCIA DE VIVEIRO

A Mariña lucense, 5 de maio de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol mantivo que mentres que o Alcalde de Viveiro non propoña á Corporación Municipal que adopte o acordo plenario no que se ratifica a cesión dos terreos á Sociedade Galega de Servizos Sociais bloqueará a apertura da nova residencia para persoas  maiores de Covas, privando a todos os posibles beneficiarios deste servizo.

Balseiro rexistrará varias iniciativas parlamentarias co obxecto de clarexar estes atrancos que o Alcalde de Viveiro está a establecer e lembrou que a ratificación da  cesión dos terreos a SOGASERSO non é incompatible coa posibilidade de requirirlle -noutro acordo plenario distinto- que faga deste xeito ou doutro o proceso de selección de persoal.

Finalmente o deputado popular lembrou que SOGASERSO é unha sociedade participada polas caixas  de aforro de Galicia e polo tanto, que como estas entidades,  ten como obxecto un fin público  non esencialmente mercantil.

Exit mobile version