Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP valora positivamente o nomeamento do novo xerente do Hospital da Costa

NOTA DE PRENSA:
Se trata dun “home da casa”, que coñece o hospital “onde traballa fai anos”, os retos do sistema público comarcal e que saberá aplicar as medidas máis acertadas para afrontar os futuros desafíos
O PP SALIENTA “A AMPLA EXPERIENCIA PROFESIONAL” DE JOSE ÍNSUA TANTO NO ÁMBITO DA MEDICINA COMO NA XESTIÓN DE INTERESES E RECURSOS PÚBLICOS

* Achaca a excesiva belixerancia de PSOE e BNG nas súas primeiras valoracións a que estes partidos queren “que o Hospital vaia mal” e contrasta este desexo co dito hoxe por Pilar Farjas que anunciou que dotará ao Hospital de novos avances tecnolóxicos.

A Mariña, 25 de maio de 2010.- O Partido Popular da Mariña a través do deputado e secretario da Mesa do Parlamento Jose Manuel Basleiro Orol cualificou de “excelente noticia” o nomeamento do doutor Jose Ínsua como novo director xerente do Hospital da Costa e salientou a súa “ampla experiencia profesional, máis que contrastada” tanto na súa condición de médico do Servizo Galego de Saúde en exercicio -ata o momento traballaba na área de Urxencias do Hospital- como tamén como administrador de intereses e recursos públicos “foi alcalde de Cervo durante oito anos, durante os que xestionou moi acertadamente o Concello, circunstancia da que podo dar fe pois compartín en todo ese tempo a responsabilidade do goberno municipal como o seu tenente de alcalde”

Os populares non quixeron pasar polo alto o feito de que Ínsua forma parte desde fai anos do cadro de persoal do Hospital da Costa e polo tanto que se trata dun “home da casa”, que coñece o centro “desde dentro, as súas características, que é moi consciente dos retos para a mellora da sanidade comarcal e saberá polo tanto aplicar as medidas máis axeitadas para afrontar estes desafíos”. No Partido Popular cren especialmente acertado a elección da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, xa que soubo escoller o novo director dentro do Hospital da Costa “como recoñecemento ao alto grado de preparación e profesionalidade dos seus traballadores”.

No Partido Popular comarcal atribúen a “excesiva belixerancia” do PSOE e BNG nas súas primeiras valoracións do relevo ao fronte da xerencia do hospital da Burela a que as antigas forzas do bipartito “saben que se trata dunha boa elección, e dunha persoa que se significará polos seus acertos na xestión”, o que, a xuízo do PP, dificulta a estratexia seguida por estas forzas políticas na oposición “ás que lle gustaría que o Hospital fora mal, para manter o seu incoherente discurso sobre o desmantelamento do centro algo que por suposto é absolutamente falso”. Nesa liña subliñan tamén a importancia dos anuncios efectuados no día de hoxe pola propia Conselleira quen adiantou investimentos millonarios para a dotación de máis moderna tecnoloxía (mamógrafo dixital, ecógrafo e ecocardiógrafo) que se unen ás obras xa programadas.

MÁIS COMPETENCIAS

Finalmente desde o Partido Popular comarcal salientaron a crecente importancia que adquire a figura do xerente do Hospital da Costa toda vez que por decisión do novo Goberno terá nun futuro próximo novas responsabilidades de xestión, “agora tamén sobre os centros de saúde da área sanitaria” e, tal e como confirmou a conselleira de Sanidade no Parlamento “sobre todos os recursos humanos, materiais, infraestruturas e prestacións da área sanitaria” no norte lucense

Exit mobile version