Site icon Crónica3.com A Mariña

O programa Xogade concentra a fin de semana en Lugo aos finalistas de mini basket, fútbol sala e atletismo

LUGO .- As probas finais dos campionatos provinciais do programa Xogade de deporte en idade escolar, nas disciplinas de mini basket, atletismo e fútbol sala terán lugar esta fin de semana nas localidades de Lugo, Láncara e Lourenzá.

Nota de Prensa

O PROGRAMA XOGADE CONCENTRA ESTA FIN DE SEMANA EN LUGO AOS FINALISTAS DE MINI BASKET, FÚTBOL SALA E ATLETISMO

* A Delegación Territorial, a través do Servizo de Deportes e coa colaboración das federacións respectivas, organiza as competicións en distintas instalacións da capital, Vilalba, Lourenzá e Láncara

Lugo, 7 de maio de 2010.- As probas finais dos campionatos provinciais do programa Xogade de deporte en idade escolar, promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte, nas disciplinas de mini basket, atletismo e fútbol sala terán lugar esta fin de semana nas localidades de Lugo, Láncara e Lourenzá.

As competicións organizadas pola Delegación Territorial, a través do Servizo de Deportes, coa colaboración das delegacións das respectivas federacións e con varios dos concellos que acollerán as probas, comezarán mañá coa celebración dos enfrontamentos finais de mini basket, fútbol sala en Lourenzá e e atletismo combinado en Lugo.

As probas eliminatorias finais de mini basket na categorías alevín, feminina e masculina,  disputaranse no pavillón provincial de Lugo  a partir das 10.30 horas da mañá. Pola tarde, a partir das 16.30 comezará o partido polo terceiro e cuarto posto e ás 18.00 celebrarase a final.

Na categoría feminina participan os equipos Cidade de Lugo, Estudiantes, María Auxiliadora e CB Burela. Na masculina chegaron á fase final Cidade de Lugo, Maristas, Estudiantes 98 e  CB Burela.

No estadio Gregorio Pérez Rivera, entre as 16.30 e as 19.15 horas, terá lugar o campionato provincial de atletismo combinado, nas categorías alevín, infantil e benxamín. O pavillón municipal de Lourenzá acollerá tamén finais do campionato de fútbol sala, categorías benxamín e alevín.

Domingo

O domingo, 9 de maio, celebraranse na Pobra de San Xiao (Láncara) as finais do campionato provincial infantil masculino de fútbol sala, ao que chegaron os equipos de Cospeito, Vilalba, Láncara e A Fonsagrada.

Os partidos darán comezo ás 11.30 horas, co enfrontamento entre Cospeito e Vilalba. Ás 12.30 disputarase o encontro entre Láncara e Fonsagrada. Xa pola tarde, ás 17.00 horas dará comezo o partido de loita polo terceiro e cuarto posto, e ás 18.00 horas xogarase a final.

Exit mobile version