Site icon Crónica3.com A Mariña

Os clubs non teñen ingresada a parte correspondente ó ano 2009, asegura o PP de Burela

NOTA DE PRENSA

O GMPP de Burela: “Nieves Cando tampouco paga os convenios cos clubes deportivos”.

Os populares arfirman que nada se pagou dos convenios asinados o día trinta de Decembro.

Consideran que a xestión do bipartito “é un desastre”.

O GMPP de Burela denunciou hoxe a través dunha nota de prensa que Nieves Cando tampouco lles paga ós clubes deportivos as contías que figuran nos convenios asinados cos mesmos con data do pasado trinta de Decembro.

Os populares aseguraron que a día de hoxe os clubes non teñen ingresada a parte correspondente ó ano 2009. Neste senso, afirman que os convenios, cun importe total que ronda os cincuenta e cinco mil euros, están contemplados para a temporada 2009-2010, que está a piques de rematar, e co obxectivo de sufragar gastos das escolas deportivas.

Desde o GMPP consideran que este retraso está  poñendo en risco a liquidez dos clubes, e de feito clubes como o Burela Fútbol Sala ou a S. D. Burela víronse na obriga de cobrarlles ós alumnos das escolas deportivas ante a imposibilidade de facerlle fronte á totalidade do seu custo.

Por eso, os populares consideran que Nieves Cando enganou ós cidadáns deste concello cando anunciou a reforma das escolas deportivas, decindo que todo aquelo no que participase o concello no mundo do deporte sería gratuito. Pois ben, agora resulta que nin é gratuito nin paga o que debe.

O GMPP afirma que pouco a pouco se vai vendo a verdadeira faciana de Nieves Cando: non é igual predicar ca dar trigo. Ademais, Cando, a concelleira que xa está na historia por sacarlles as subvencións ás asociacións culturais, ainda que baixo cuerda paga facturas daqueles colectivos que lle son próximos, usa a cultura e o deporte para sacarlle rédito electoral e partidista. E por riba, tarda en pagar.

Noutro orde de cousas, os populares confían en que efectivamente se abonen as axudas dos corenta euros para a semana que vén. Pero pídenlle a Cando que se deixe de enredar, de cargarlle a culpa ó PP, e que pague dunha vez. Nin ela nin o alcalde son capaces de asumir as súas responsabilidades, a culpa é sempre de outros, e así nos atopamos que pola súa incapacidade e polos líos que teñen dentro do bipartito a vida municipal e a xestión do bipartito é un auténtido desastre.

Exit mobile version